ALCALDÍA
O Concello rende homenaxe ao escultor Francisco Asorey
Dentro dos actos conmemorativos do 125 aniversario do nacemento do escultor, o alcalde compostelán, Ángel Currás, participou nunha ofrenda florar na súa memoria no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval. Ao acto asistiron o vicepresidente da Asociación Francisco Asorey e fillo do artista, José Manuel Asorey; o alcalde de Cambados, Luis Aragunde; e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez.
URBANISMO
A concelleira de Desenvolvemento Sostible interésase polo traballo de Trameve
María Pardo visitou esta semana as instalacións que a empresa ten no Polígono do Tambre. Trameve colabora con Cogami dando emprego no sector do desguace de automóbiles a persoas con algunha discapacidade.
FESTAS
A carroza Danzateka e a comparsa Estrela da noite gañan o concurso do martes de Antroido
Ano tras ano os composteláns seguen saíndo a rúa para celebrar o Antroido e ver o desfile a pesar do mal tempo. O conxunto de carrozas, comparsas, charangas, acompañados de centos de nenos e maiores disfrazados, animaron unha vez máis a tarde de carnaval.Tras o percorrido polas rúas da cidade, o xurado elixiu os mellores en cada categoría, que se repartiron máis de 12.220 euros en premios.
BENESTAR SOCIAL
O Concello dedica o 8 de marzo a tres mulleres que destacan polo seu compromiso solidario coa sociedade compostelá
A concelleira da Área de Servizo Sociais, María Castelao, vén de presentar o acto organizado polo seu departamento con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, que nesta ocasión renderá homenaxe a Charo Barca, María Jesús Iglesias e María Castro. O acto terá lugar na Casa do Concello o venres 7 ás 19.30 horas.
BARRIOS
A Concellería de Barrios inviste máis de 50.000 euros no lugar da Fervenza
O concelleiro Juan de la Fuente reuniuse cos veciños da zona, no barrio de Conxo, para comprobar as obras realizadas nas últimas semanas.
XUVENTUDE
O grupo L'Adelines Garden faise co I Certame de Música SantiAutor
O venres 28 de febreiro tivo lugar o fallo do xurado do I Certame de Música SantiAutor para Artistas Noveis organizado pola Concellería de Xuventude xunto coa sala Sonar.
BENESTAR SOCIAL
O CEIP de Vite celebra un antroido interxeracional da man do equipo Urbana Santiago Norte
O CEIP de Vite acolleu o desfile de disfraces e a entrega de agasallos ás mellores máscaras realizadas no obradoiro organizado polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte xunto coa dirección e profesores do centro, no que tamén participaron persoas maiores do Centro de Día de Agadea.
FESTAS
O programa do Antroido continuou co concurso infantil de disfraces
O concurso infantil de disfraces, celebrado na Sala Capitol, reuniu un bo número de nenos e nenas, acompañados da súas familias. Continou así a programación do Antroido, que agarda xa o seu acontecemento principal, o desfile do martes 4.
FESTAS
O Meco preside xa o Antroido en Compostela
A programación do Antroido arrancou co desfile do Meco dende a praza de Cervantes ata a praza do Toural, pasando polas rúas Nova e do Vilar. O Meco subiu ao Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o 5 de marzo. A animación musical puxérona as comparsas Os Conformistas, de Conxo e A Ruliña, de Laraño.
DEPORTES
Santiago acolle o Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show
Santiago de Compostela acolle este fin de semana o Campionato de España de Patinaxe de Grupos Show, organizado polo Club Deportivo Fontiñas en colaboración co Concello de Santiago. O evento, que se desenvolve no Multiúsos Fontes do Sar, foi inaugurado polo alcalde compostelán, Ángel Currás.