SERVIZOS SOCIAIS
A Torre do Reloxo da Catedral de Santiago iluminarase de cor azul para conmemorar o Día Mundial da Diabetes
O Día Mundial da Diabetes celébrase mañá venres, 14 de novembro, en todo o planeta. Trátase dunha iniciativa que se creou en 1991 como medio para incrementar a concienciación global sobre esta enfermidade, dar a coñecer as súas causas, síntomas, tratamento e as complicacións asociadas á mesma.
UMAD
O Concello dá conta das súas acción no eido do consumo de alcohol na vía pública nunha xornadas na Facultade de Psicoloxía
A Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago organiza este venres, 14 de novembro, a xornada Consumo de alcol e prevención de drogodependencias en adolescentes. Novas claves e novos retos. No marco deste encontro, que se celebrará na Facultade de Psicoloxía entre as 10:00 e as 20:30 horas, o Concello dará conta das accións postas en marcha nesta materia na cidade.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu os participantes na Conferencia de Decanos das Facultades de Medicina de España
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello de Raxoi os participantes na Conferencia de Decanos das Facultades de Medicina de España, que se celebra na cidade do 13 ao 15 de novembro.
CULTURA
Estrea de "Las altas presiones", de Ángel Santos, na xornada do venres 15 en Cineuropa
A xornada do venres 15 tráenos unha cita musical clave xa no programa de Cineuropa. Trátase do concerto que cada ano dedica a Real Filharmonía de Galicia ao festival e que nesta ocasión poñerá a música á proxección de A quimera do ouro, de Charles Chaplin. Será ás 21.00h no Auditorio de Galicia nun concerto dirixido por Paul Daniel e previamente, ás 20:30 horas, haberá un coloquio co director de Cineuropa, José Luis Losa. Pero nesta xornada hai outras citas especiais, entre as que...
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a importancia da gastronomía e de eventos como Santiago(é)Tapas para desestacionalizar a demanda turística na cidade
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Hostal dos Reis Católicos na presentación da VII edición do concurso Santiago(é)Tapas. Son 69 os locais que presentarán un total de 111 petiscos a concurso neste certame, que se celebrará do 14 ao 30 de decembro.
ALCALDÍA
O alcalde cualifica de "brillante e exquisita" a obra "A insólita peregrinaxe de Harold Fry", de Rachel Joyce, gañadora do Premio Novela Europea Casino de Santiago
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á entrega do Premio Novela Europea Casino de Santiago, na súa XI edición á escritora británica Rachel Joyce, pola súa obra A insólita peregrinaxe de Harold Fry.
CULTURA
O Premio Antonio Fraguas alcanza a súa XX edición buscando os mellores traballos de investigación sobre o traxe tradicional galego
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convoca a XX edición do Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego. Unha vez máis premiaranse os mellores traballos descritivos e analíticos sobre esta indumentaria.
CULTURA
Última oportunidade de ver "Marie Heurtin", "Miss Julie" e "La French" e estrea de "Funes, o inventor da lúa" en Cineuropa
Na xornada do xoves 13 en Cineuropa poderemos asistir á estrea de Funes, o inventor da lúa, un filme de Quique Otero, ás 19:00 horas, no Salón Teatro. Ademais, última oportunidade para ver os filmes da Sección Oficial Marie Heurtin (ás 18:15 h no Principal); Miss Julie (22:00 h no Principal) e La French (22:00 h no Salón Teatro). Seguindo na Sección Oficial, poderemos ver por primeira vez Phoenix, de Christian Petzold, ás 20:00 h no Teatro Principal.
CONSORCIO
O Consorcio promove tres novos obradoiros didácticos no Museo das Peregrinacións
O Consorcio de Santiago promove esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. A finalidade desta experiencia lúdica é que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela a través de propostas diferentes.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Ábrese o prazo de solicitude de concesión das hortas urbanas municipais de Belvís
Dende mañá mércores e ata o venres 21 de novembro (ambos incluídos), estará aberto o prazo para solicitar as concesións das hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo.