TURISMO
Compostela Gastronómica Nadal celebrará 12 obradoiros para afeccionados á cociña
A edición especial de Nadal de Compostela Gastronómica, unha iniciativa do Concello de Santiago que se celebrará do 11 ao 13 de decembro, incluirá entre as súas actividades un ciclo de 12 obradoiros dirixidos a público adulto e cun eixo común: a temática do Nadal.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Inícianse as obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Franco
A partir do vindeiro martes, 9 de decembro, e durante dúas semanas, a rúa do Franco pecharase ao tráfico no tramo comprendido entre a rúa de Fonseca e a esquina da Biblioteca Xeral da Universidade, por mor dos traballos de modificación da rede de saneamento á altura do nº 9 que vai levar a cabo a empresa Viaqua. Por este motivo, os vehículos non poderán saír cara á praza de Rodrigo de Padrón e terán que facelo pola praza do Obradoiro. Os peóns non se verán afectados pola obra, xa que...
ECONOMÍA
Concello e Colexio de Avogados implantarán un servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
A concelleira de Economía, Reyes Leis, e o presidente do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, veñen de asinar en Raxoi un convenio para implantar un servizo de mediación a través desta entidade, dirixido a comerciantes e propietarios, para intentar lograr acordos na renovación dos seus contratos de aluguer. No texto recóllese una contía de 5.000 euros para este fin.
ALCALDÍA
Compostela renovou o voto a San Nicolás
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e parte da Corporación, asistiron aos actos celebrados na igrexa de San Paio de Antealtares con motivo do voto da cidade a San Nicolás de Bari.
COMERCIO
Xogo de pistas en Pelamios, Vista Alegre e Romaño dentro da campaña "Revive o barrio"
O Concello de Santiago segue desenvolvendo a campaña Revive o barrio, dentro do proxecto Urbana Santiago Norte. Dentro deste programa, os barrios de Pelamios, Vista Alegre e Romaño serán escenario dun xogo de pistas o vindeiro sábado, 13 decembro. O lugar de reunión dos participantes será o Local Social Antón Fraguas (rúa do Bispo Peláez, 7 – baixo), con saída ás 11:30 horas. Os gañadores recibirán unha cesta de produtos adquiridos no barrio e todos os participantes que acaben o xogo...
ALCALDÍA
O alcalde destaca a capacidade de atracción da pista de xeo para xerar ingresos extras ao comercio e o seu positivo efecto social
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou a pista de patinaxe sobre o xeo do parque da Alameda. O recinto estará aberto ata o 1 de febreiro.
ALCALDÍA
O Concello pon a disposición dos veciños a reformada pista polideportiva de Cardeal Quiroga Palacios (Pontepedriña)
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, asistiu á apertura da pista polideportiva de Cardeal Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Realizouse unha actuación integral neste recinto, que se pon a disposición de todos os veciños e en especial dos máis novos deste barrio, coñecido popularmente como "Volva Mañá".
ALCALDÍA
O alumeado nas rúas e prazas embelece xa o Nadal de Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu ao encendido do alumeado de Nadal. Comezou o seu percorrido pola praza Roxa, para seguir na praza do Toural e rematar na praza do Obradoiro.
SERVIZOS SOCIAIS
Entregadas ao Banco de Alimentos as doazóns dos participantes no programa "A cociña do meu veciño"
Celebrouse no taller de cociña Hello Cooking o último obradoiro práctico de cociña internacional do programa A cociña do meu veciño, organizado pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), da Concellaría de Servizos Sociais. A súa titular, María Corral, asistiu a este último taller e participou na entrega previa dos alimentos doados polos participantes no programa á Federación Galega do Banco de Alimentos.
CONSORCIO
Comezan as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da fachada e na eliminación das humidades
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de iniciar as obras na igrexa de San Agustín, centradas na limpeza da súa fachada. Os traballos, adxudicados á empresa TRYCSA, poderían estar rematados en tres meses. O orzamento global da intervención ascende aos 49.292,40 euros.