XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local encarga os proxectos para as actuacións nas rúas Pombal e Costiña do Monte e a actualización do Plan Municipal de Emerxencias
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente, convalidou as actuacións provisionais de emerxencia realizadas nos muros das rúas Pombal e Costiña do Monte, así como as de rebacheo nos accesos ao parque empresarial de Costa Vella.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o servizo de comedor escolar
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, adxudicou o servizo de catering e de persoal monitor/coidador de comedor escolar para centros de Educación Infantil e Primaria dependentes do Concello de Santiago. A adxudicataria, a empresa Alimentación Saudable Gallega, SLU, comprométese a un prezo de 4,92 euros para o xantar e de 1,76 euros para o almorzo (ambas cantidades IVE excluído). Segundo apunto a concelleira de Educación, Noa Díaz, a previsión é que a nova empresa comece a prestar o servizo no mes de...
ALCALDÍA
O Goberno local contará este xoves cun plan de actuacións de emerxencia nos muros da cidade
Unha vez recibidos os informes dos arquitectos de Concello e Consorcio sobre revisión a revisión de muros da cidade realizada de urxencia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que para o xoves 26 agárdase contar cun plan de actuacións de emerxencia nesta materia. Ademais, anticipou que se está xa traballando para establecer un plan de revisións anuais con carácter xeral.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Oitenta participantes competiron no Torneo de Xadrez de Nadal do Ensanche
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu unha nova edición do seu Torneo de Xadrez do Nadal. Oitenta participantes de diferentes idades participaron na competición, que se enmarca dentro do proxecto Taboleiros de barrio, que leva o xadrez durante todo o curso tamén aos centros socioculturais de Santa Marta, Conxo e Fontiñas.
ALCALDÍA
Concello e Xunta colaborarán para converter Santiago nun polo de innovación, de captación de investimentos e de xeración de emprego de calidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns en San Caetano co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, co que abordou a colaboración entre Concello de Santiago e Xunta de Galicia no desenvolvemento da cidade como polo de innovación nos ámbitos biotecnolóxico e da madeira. Na xuntanza tamén se tratou a cooperación entre ambas institucións en materia de emprendemento e de formación.
MINUTO DE SILENCIO
Minuto de silencio polo veciño falecido onte na rúa da Costiña do Monte
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio en sinal de dó polo veciño falecido este xoves na rúa da Costiña do Monte, Salvador José Piñón Pena.
ALCALDÍA
Técnicos do Concello e do Consorcio revisan os muros máis importantes da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou esta mañá a súa consternación polo falecemento onte de Salvador José Piñón Pena, veciño da rúa de Teo e natural de Ortigueira, a consecuencia do derrubamento dun muro na rúa da Costiña do Monte. O rexedor anunciou tamén que técnicos municipais e do Consorcio están revisar os muros máis importantes do municipio para avaliar se existira algún tipo de risco.
ALCALDÍA
O Auditorio pon en marcha a campaña "Agasalla Compostela Cultura"
O Auditorio de Galicia, organismo autónomo que xestiona a Concellaría de Acción Cultural, puxo en marcha hoxe a campaña Agasalla Compostela Cultura. A idea é que todos e todas as composteláns agasallen cultura nestas festas e por iso, á programación de abono 2019-2020 xa á venda desde inicio de curso, únense máis propostas musicais de diversos estilos, así como a programación de Artes Escénicas completa do 2020 que dende hoxe está xa á venda na web
ALCALDÍA
Catro axentes da Policía Local incorporaranse na primavera ao VioGén
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiron a Xunta Local de Seguridade, reunida no Pazo de Raxoi. Ademais de analizar os datos da evolución dos delitos no que vai de ano e de perfilar o dispositivo de seguridade para os actos protocolarios e festivos dos vindeiros días, na xuntanza abordouse a incorporación da Policía Local ao Sistema VioGén (Sistema de Seguimento Integral nos Casos de Violencia de Xénero).
FESTAS
Bad Religion tocará no Multiúsos Fontes do Sar o vindeiro 30 de maio
A xira do 40 aniversario de Bad Religion terá parada en Santiago de Compostela. Será nun concerto que se celebrará o sábado 30 de maio no Multiúsos Fontes do Sar. As entradas poranse á venda mañá venres ás 11:00 horas, a través da web badreligion.resurrectionfest.es, cunha oferta de lanzamento especial de 1.000 entradas a 39 euros + gastos. O resto de entradas custarán 44 euros + gastos.