ALCALDÍA
A empresa XADE rematou 2009 cun beneficio de 89.000 euros
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse no Pazo de Raxoi o Consello de Administración e a Xunta Xeral de XADE, co fin de aprobar as contas anuais do exercicio de 2009.
ALCALDÍA
O alcalde asiste en Madrid á sinatura de once convenios para a restauración e posta en valor do Camiño Francés
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu en Madrid á sinatura de once convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Consellería de Cultura e Turismo para a restauración e posta en valor doutros tantos tramos en dez concellos do Camiño Francés.
TRANSPORTES
Máis servizos de verán no transporte urbano
O xoves 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán na rede de transporte urbano. Nesta temporada aumentan un 2% os servizos respecto ao verán de 2009.
FACENDA
A Concellaría de Facenda presenta uns orzamentos axustados ao plan de austeridade derivado da baixada de ingresos
A Concellería de Facenda presentou á Xunta de Goberno Local o estado de ingresos e gastos consolidados do Concello, o Auditorio de Galicia e das tres empresas municipais -INCOLSA, TUSSA e EMUVISSA-, para a súa aprobación. O gasto consolidado queda fixado en 120.178.138,39 euros e os ingresos consolidados en 119.279.607,22 euros.
MEDIO AMBIENTE
Os "Mercados entre lusco e fusco" achegan de novo a produción ecolóxica a Belvís
"Os mercados entre lusco e fusco son mercados de productos ecolóxicos e de proximidade previstos para os martes no serán nas terrazas do Parque de Belvís". Así os presentaba hai uns días a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Despois da edición inaugural, o martes 29 volven abrir de novo ao público, e así será todos os martes dos vindeiros meses, nun horario de 19:00 a 22:00 horas no parque de Belvís.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán "AnimaLingua"
Abriuse o prazo de preinscrición para o campamento de verán AnimaLingua, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística. Ata o 16 de xullo poderán anotarse os interesados nesta actividade, dirixida a nenos e nenas de 8 a 12 anos. Esta edición, o campamento desenvolverase do 16 ao 28 de agosto no Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso", en Sarreaus (Ourense).
URBANISMO
Santiago recibirá unha árbore urbana que fomenta o respecto polo medio ambiente a través dun urbanismo sostible
Funciona con bicicletas activadas coas pedaladas dos cidadáns e con paneis solares. A idea, auspicidada por ASA (Asociación Sostenibilidad y Arquitectura), xorde dun concurso para arquitectos. A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, presentará a iniciativa xunto coa representante de ASA, Teresa Banet.
ALCALDÍA
O alcalde aposta por un modelo futuro de sociedade mixta para INCOLSA
Coa liquidación das contas de 2009 de INCOLSA, TUSSA E EMUVISSA, quedou pechado este capítulo respecto ás distintas empresas e sociedades con participación municipal. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, destacou a boa saúde financeira de todas, que pecharon con "resultados económicos equilibrados ou positivos".
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Sen os accesos, as posibilidades de poñer en valor a Cidade da Cultura vense moi mediatizadas"
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse á proposición aprobada no Pleno instando á Xunta de Galicia a axilizar as obras da Cidade da Cultura e a construír os accesos á mesma. Reclamou un "calendario realista" e unhas conexións viarias e peonís sen as cales "as posibilidades de poñer en valor o proxecto vense moi mediatizadas".
BENESTAR SOCIAL
Santiago acolle a reunión final do proxecto Grundtvig para a prevención da violencia
O Concello de Santiago vén participando durante dous anos no programa europeo GRUNDTVIG "Look at yourself - parents toward situations causing aggression". Do 28 ao 30 de xuño celebrarase a última reunión plenaria deste proxecto, á que asistirán representantes das entidades dos outros tres países socios, que analizarán as conclusións desta iniciativa.