EDUCACIÓN
Novo recoñecemento para "Bandada", o libro gañador do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
Bandada, o libro gañador do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que cada ano convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago e a Editorial Kalandraka, foi incluído na prestixiosa selección The White Ravens 2013, que realiza a Biblioteca Internacional da Xuventude (Internationale Jugendbibliothek) de Munich (Alemaña).
EDUCACIÓN
Celebrada a primeira entrega de "Melomanía", programa de sesións didácticas para todos os públicos
Co obxectivo de promover a educación musical entre os composteláns de todas as idades, a Escola Municipal de Música pon en marcha o ciclo de conferencias Melomanía. A primeira das sesións, celebrada na sede da EMM na Almáciga, xuntou os mestres de zanfona de Galicia.
CULTURA
Venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación de temporada da Real Filharmonía de Galicia
A venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación da Real Filarmonía de Galicia realizarase o 1 e 2 de abril de 12:00 a 14:00 horas. A partir do 4 de abril xa se poderán comprar as entradas soltas para todos os concertos do trimestre polas canles habituais. Para a renovación de abonos abonda con chamar aos teléfonos 981 571 026 ou 981 573 979.
EDUCACIÓN
Corenta escolares participan durante catro días no programa de conciliación da Semana Santa da Concellería de Educación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou os rapaces e rapazas que están participando no CEIP As Fontiñas programa municipal de conciliación laboral e familiar no período das vacacións de Semana Santa 2013. Uns corenta nenos están inscritos nas actividades.
ALCALDÍA
Ofrenda floral a Ricardo Carvalho Calero
Os alcaldes de Santiago, Ángel Currás, e de Ferrol, José Manuel Rey, realizaron una ofrenda floral na tumba do escritor e pensador Ricardo Carvalho Calero no cemiterio de Boisaca. Este 25 de marzo cúmprense 13 anos do seu falecemento.
BENESTAR SOCIAL
O Concello renova ante o Valedor do Pobo o compromiso municipal de loita contra o consumo de alcohol por menores
A concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, reuniuse co Valedor do Pobo, José Julio Fernández Rodríguez, na sede da institución. Foi o primeiro contacto da nova responsable da Área de Servizos Sociais co Valedor, co que renovou o interese municipal por seguir colaborando en materias como a loita contra o consumo de alcohol por menores, e tamén noutros ámbitos como o da loita contra a exclusión social ou o da igualdade.
ALCALDÍA
O alcalde explicou aos representantes veciñais de Conxo a emenda aos orzamentos do Estado que desbloquea a obra do túnel
O alcalde compostelán, reuniuse en Raxoi coas asociacións de veciños Conxo Aberto, Esperta Conxo e Doutor Maceira. Ángel Currás explicoulle aos representantes veciñais a emenda introducida nos orzamentos do Estado, que permitirá desbloquear definitivamente a obra do túnel de Conxo, fundamental para a axilización do tráfico nesta entrada á cidade.
CULTURA
Triángulo de Amor Bizarro presentan o seu "Victoria mística" no Compostela Rock
Triángulo de Amor Bizarro chega ao ciclo Compostela Rock coas cancións do seu último traballo discográfico, Victoria mística. As entradas para o concerto, que se celebrará xoves 25 de abril, ás 21:00 horas, na Sala Capitol, xa están á venda ao prezo de 12 euros máis de distribución en anticipada e de 15 euros na billeteira.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberto ata o 26 de abril o prazo para solicitar a colaboración municipal nas festas patronais dos barrios e parroquias
Cando se achega o tempo das festas patronais é momento de continuar co compromiso municipal coas asociacións de veciños. Por iso, a Área de Participación Cidadá retoma a colaboración coas mesmas con motivo das festas populares de barrios e parroquias de Santiago de Compostela, tanto con actividades como cunha axuda para a instalación de carpas.
DEPORTES
O I Trofeo Atletismo Fontes do Sar reunirá 600 escolares no estadio da Universidade
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado polo presidente do Club Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey, presentou o I Trofeo Atletismo Fontes do Sar, que se disputará o sábado 23 de marzo, a partir das 9:30 horas, no estadio de atletismo da Universidade. Serán probas en pista para escolares e servirán para realizar un control federado de marcas.