ECONOMÍA
O Concello colabora con AJE en dous obradoiros para pemes e emprendedores
O Departamento de Economía do Concello colabora coa nova entidade empresarial da cidade AJE Santiago na organización de dous obradoiros dirixidos a pemes e emprendedores que terán lugar este xoves, 2 de maio.
CULTURA
Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewell no Made in USA do Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock presenta Made in USA, unha cita co rock máis internacional con Willie Nile, The Hi-Risers e Eilen Jewel. Entradas á venda a 12 euros anticipada, 15 euros na billeteira.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Comeza en Facebook e Twitter o concurso de lemas da campaña "Gústame o galego"
Este luns 29 comezou a recollida de lemas, a través de Twitter e Facebook, da campaña Gústame o galego, incluída no calendario de actividades preparado pola Concellería de Normalización Lingüística con motivo do Día das Letras Galegas.
FESTAS
Á venda a partir do luns as entradas para a XV edición da Festa dos Maiores
O sábado 11 de maio celebrarase unha nova edición da Festa dos Maiores no recinto feiral de Amio, no marco das Festas da Ascensión. As entradas, a un prezo de 7 euros, poderán mercarse a partir deste luns, 29 de abril, nas billeteiras do Teatro Principal, en horario de 10:00 a 13:00 horas.
OBRAS E RURAL
As asociacións do rural coñeceron os detalles do investimento de case medio millón de euros en cinco novas obras nas parroquias
Os concelleiros Francisco Noya, Luis Meijide e José María Rosende, encargados os tres coordinadamente do seguimento do rural e das súas necesidades, e a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, mantiveron unha xuntanza coa Federación de Asociacións do Rural de Santiago (FERUSA), para explicarlles as cinco obras nas parroquias incluídas no chamado DTC-94 da Deputación da Coruña.
ALCALDÍA
A XXXII Feira do Libro, aberta ata o 5 de maio no paseo central da Alameda
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, participaron na apertura da XXXII edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela, que estará instaladada no paseo central da Alameda ata o 5 de maio.
MEDIO AMBIENTE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela retomou a actividade cunha xornada de portas abertas
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado no antigo curtidoiro de Belvís, reabriu as súas portas. Para darse a coñecer nesta nova etapa, realizouse unha xornada de portas abertas.
DEPORTES
Chamamento aos afeccionados para que apoien ao Club Waterpolo Santiago nos partidos definitivos pola Liga Galega
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o segundo partido do play off final da Liga Galega de Waterpolo entre o Club Waterpolo Santiago e o Club Waterpolo Galaico Pontevedra, que se disputará este sábado 27 de abril, ás 18:30 horas, na piscina municipal de Santa Isabel. De gañar este partido os composteláns, disputarían o terceiro e último partido tamén na casa.
URBANISMO
O Concello segue axilizando os trámites urbanísticos e incorpora tres novos procedementos a través de Internet
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta da incorporación de tres novos trámites urbanísticos á Carpeta Cidadá da web municipal. Trátase das comunicacións de obras menores en establecementos, da apertura deses establecementos e dos cambios de titularidade. Ademais, os cidadáns poderán facer uso a través da web dun mapa cartográfico que lles permitirá saber se están en condicións, pola situación da parcela, de utilizar o procedemento de comunicación previa.
EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
"En galego con todas as letras", unha celebración creativa do 17 de maio no Toural
As concellerías de Normalización Lingüística e de Educación convocan varias actividades con motivo do Día das Letras Galegas 2013, o xoves 17 de maio: un fotocol, un obradoiro creativo e un concerto. Esta xornada, titulada En galego con todas as letras e dirixida a nenos, mozos e familias, desenvolverase na praza do Toural.