IGUALDADE
Compostela en Negro centra a campaña deste 25N nas violencias cotiás que non se ven
A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe as accións de Compostela en Negro de cara ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Supoñen un traballo de concienciación a través da imaxe dun iceberg contra as violencias, de ‘performances’ e un documental que inciden na idea de visibilizar violencias machistas do día a día que son máis difíciles de detectar.
ALCALDÍA
Visita institucional da ministra de Educación, Pilar Alegría
A ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, visitou esta tarde o Concello de Santiago, onde foi recibida polo alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, e polos voceiros dos grupos municipais socialialista, Sindo Guinarte, e do BNG, Goretti Sanmartín, así como polos concelleiros Ramón Quiroga (PP) e María Rozas (CA). Tamén estivo presente o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.
EMPREGO
O Foro Talentia Summit ‘21 encherá mañá a Cidade da Cultura de talento e creatividade
O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá mañá xoves, 18 de novembro, o Foro Talentia Summit ‘21 de 09.00 h a 13.30 h. Yolanda Vázquez será a condutora dun acto que contará coa presenza de Alberto Núñez Feijóo - presidente da Xunta de Galicia-, Pilar Alegría - ministra de Educación e Formación Profesional- e Xosé S. Bugallo - alcalde de Santiago de Compostela, e coa participación de 8 conferenciantes de prestixio.
MEDIO AMBIENTE
Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo
O artista Ortiga súmase á campaña para que o Carballo de Conxo se convirta en Árbore Europea 2022 e dará un concerto este venres 19 na praza Aurelio Aguirre, un día antes de que se peche a fase nacional do certame, que finaliza o sábado ás 23.59 h. As entradas son de balde e poden retirarse no Teatro Principal o xoves e o venres (10.00 a 14.00 horas) co único requisito de votar pola árbore.
EDUCACIÓN
Marina Gibert recibe mañá o "Premio internacional Compostela para álbums ilustrados" pola obra Selva
A xerundense Marina Gibert recibirá mañá o "Premio internacional Compostela para álbums Ilustrados", pola obra "Selva", gañadora desta décimo cuarta edición do concurso, convocado polo concello de Santiago coa colaboración da editorial Kalandraka. O acto de entrega terá lugar ás 12:30 h.; no Salón Nobre do Pazo de Raxoi. As librerías Couceiro, San Pablo, Follas Novas e Merlín e Familia, xa teñen decorados os escaparates coa obra premiada.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a modificación da ordenanza para fraccionar o pago de distintos tributos e a concesión da axudas para actividades de promoción e dinamización comercial
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou, inicialmente, a modifiación da ordenanza que regula o pago de tributos, para incorporar o abono personalizado; e a concesión das "Axudas á realización de actividades de promoción e dinamización comercial no Concello de Santiago para o ano 2021", por un importe total de 74.285,28 euros.
URBANISMO
Nota aclaratoria acerca do achádego dunha pedra cunha inscrición durante as obras de Raxoi
A pedra cunha inscrición localizada nas obras de Raxoi data do ano 1595. Desde o concello de Santiago trabállase coa hipótese de que se recolocou no umbral da porta de acceso leste da estancia abovedada que formou parte do espazo carcelario que existiu no Pazo de Raxoi, no momento en que se abordou a construción do Seminario de Confesores, no século XVIII.