ALCALDÍA
Entregados os premios "Enreguéifate 2017"
O Auditorio de Galicia acolleu esta mañá o II Encontro Regueifesta de improvisación oral en verso, un encontro ao que acudiron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas obras de pavimentación no rural por case 250.000 euros
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe dous lotes de obras de mellora da pavimentación en diferentes parroquias do rural de Compostela, enmarcadas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña correspondente a 2016.
ALCALDÍA
Recepción ás persoas participantes no Congreso Fiare Banca Ética
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu as persoas participantes na Asemblea de Socios de Fiare Banca Ética, que se celebra este sábado, simultaneamente, en Santiago de Compostela e en Turín (Italia).
ALCALDÍA
O Arteal Tenis de Mesa continúa sumando éxitos
O alcalde de Santiago, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu no Pazo de Raxoi aos xogadores e xogadoras do Arteal Tenis de Mesa que veñen de gañar, tanto por equipos como en categoría individual masculina como feminina, o Campionato Galego de Tenis de Mesa, celebrado en Noia o pasado fin de semana. Martiño Noriega felicitou os/as deportistas dun club que segue colleitando éxitos na elite deste deporte. Encabezaba a delegación o presidente do Arteal, José Alborés.
FESTAS
Antonio Carmona substituirá a Kiko Veneno no concerto do sábado da Ascensión
O artista catalán Kiko Veneno vén de comunicar que, por motivos de saúde, vese obrigado a cancelar o concerto que tiña previsto para o sábado 27 de maio no marco das festas da Ascensión.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a programación de verán dos departamentos de Educación e de Mocidade
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a programación de verán dos departamentos municipais de Educación e Mocidade. No caso da concellaría de Manuel Dios, recibiu luz verde o programa municipal de conciliación Escolas de Verán 2017, para o que se abre o prazo de inscrición entre os días 15 e 29 de maio.
ALCALDÍA
A Consellería de Sanidade cede os terreos necesarios para prolongar as sendas verdes do Sar
O alcalde de Santiago e o conselleiro de Sanidade veñen de asinar o convenio para a cesión dos terreos, propiedade do Sergas, necesarios para que o Concello lle dea continuidade ás sendas verdes das beiras do Sar. O acordo foi subscrito na reunión que mantiveron esta semana Martiño Noriega e Jesús Vázquez Almuíña.