IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro polas últimas vítimas da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron dúas vítimas nas localidades valencianas de Chella e Calpe.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
Rematadas as obras viarias do POS 2015
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe da finalización das obras de Escarabuña e Pedreira, financiadas con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS 2015) da Deputación da Coruña. Rafael Peña explicou tamén que xa están adxudicadas ou a piques de ser adxudicadas outras actuacións incluídas no PAS 2016, así como traballos de reparación de pavimentos financiados cos remanentes municipais.
MOCIDADE
"Boas Noites" trae unha chea de actividades para a mocidade todos os venres e sábados de novembro
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou o programa Boas Noites, unha das actividades máis votadas no proceso piloto de Orzamentos Participativos do 2016, posto en marcha na área de Mocidade. Na rolda estivo acompañada de Nerea Couselo, da empresa Xandobela, e Adrián Rei, da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca, a encargada de propoñer e desenvolver esta actividade.
ACCIÓN CULTURAL
Os centros socioculturais de Santiago vólvense sumar ao Outono Fotográfico
Santiago vólvese sumar ao Outono Fotográfico, o festival de fotografía decano da Península Ibérica, e faino acollendo seis exposicións noutros tantos centros socioculturais. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe as actividades nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director do certame, Xosé Lois Vázquez.
MOCIDADE
O Cine Espallado chega este mércores á Lavacolla
O vindeiro mércores, 2 de novembro, realizarase a cuarta das proxeccións do ciclo Cine Espallado, unha iniciativa do Colectivo Barriopía financiada polo Concello de Santiago a través do programa piloto dos Orzamentos Participativos 2015, na área de Mocidade. Esta vez a proxección será no Centro Sociocultural de Lavacolla, ás 20:00 horas.
ACCIÓN CULTURAL
O director Carlos Saura recibirá o Premio Cineuropa na súa 30ª edición
Carlos Saura, o director máis relevante da historia do cinema español xunto ao tamén aragonés Luis Buñuel, recibirá o próximo 26 de novembro o Premio Cineuropa Especial na 30ª edición do festival compostelán. Saura, de 84 anos, continúa en plena actividade creativa e, como proba diso, tras a cerimonia de entrega do premio proxectarase Zonda, a película na que aborda a música popular arxentina e que se presentou na Mostra de Venecia. O Festival de Cine Cineuropa celébrase do 8 ao 27 de...