TURISMO
O Mercado de Abastos acolle dous obradoiros gratuítos de cociña para nenos
A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos acollerá dous obradoiros gratuítos de cociña para que os máis pequenos comecen a adentrarse no mundo da cociña dun xeito fresco, divertido e saudable. Os obradoiros, impartidos polos profesionais do taller de cociña compostelán Hello Cooking, enmárcanse dentro das actividades de promoción do Mercado de Abastos, que contan coa colaboración do Concello.
CULTURA E RELACIÓNS VECIÑAIS
Nova cita co programa "Imos de baile", amenizada esta vez polo grupo Zeltia
O programa Imos ao baile, promovido polas concellerías de Cultura e Relacións Veciñais, regresa coa súa programación este sábado 23 de maio.
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán este venres un concerto na residencia de maiores de Volta do Castro
Os alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela, protagonizan varios concertos de música de cámara con fins sociais ao longo do ano. Así, este venres actuarán na residencia de maiores de Volta do Castro. A cita musical comezará ás 12:00 horas.
CULTURA
Estrea absoluta no Principal de "No hay trabajo para un payaso viejo", incluída no Bono de Teatro Galego e Portugués
A compañía coruñesa Cámara Negra Teatro celebra a estrea absoluta de No hay trabajo para un payaso viejo dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués. Será os días 22 de maio e 23 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Estas funcións foron presentadas nunha rolda de prensa na que participaron o director, Carlos Álvarez-Ossorio, e os actores Paco Luna e Alfonso Hierro-Delgado.
SEGURIDADE E MOBILIDADE
Visita dun grupo de pequenos de 2 a 3 anos ás dependencias da Policía Local
A Policía Local de Compostela recibiu este xoves a visita dun grupo alumnos e alumnas da Escola Infantil "Os Pequerrechos", do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.
CULTURA
Disco Las Palmeras! estrea no Compostela Rock "Asfixia", o seu terceiro disco
Os lucenses Disco Las Palmeras! estrean o seu terceiro disco na Zona C acompañados polos ourensáns Monstruo. Despois de dous discos aplaudidos por crítica e público Disco Las Palmeras! lánzanse á aventura coa súa terceira entrega, Asfixia, que promete ser unha das sensacións do ano. Será este, venres 22, ás 20:30 horas, dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas (7 € anticipada e 10 € no dia do concerto) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en