EDUCACIÓN
Cociña para os máis pequenos na segunda edición de Kid´s Garden Master Chef
Regresa unha nova edición do concurso de cociña Kid´s Master Chef, organizado pola escola infantil Kid´s Garden en colaboración co Concello de Santiago, o Real Aeroclub de Santiago, o Grupo Correo Gallego e o Centro Superior de Hostalería de Galicia. Celebrarase o sábado 18 de abril e poderán participar nenos e nenas de entre 3 e 9 anos.
EMPREGO
O paro baixou en marzo un 2,66% en Santiago, o mellor dato dos últimos dez anos
Santiago viviu na pasado mes de marzo a baixada porcentual máis importante dos últimos dez anos no número de persoas rexistradas no paro neste mes, cun descenso do 2,66%. Con esta caída, o número de persoas rexistradas no paro na cidade situouse en 8.069, un 10,17% menos que en marzo do ano pasado.
CULTURA
Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña presentan "Rústica"
Catro persoeiros da música galega, Cristina Pato, Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña únense nun proxecto común, Rústica, ofrecendo un único concerto en Galicia. Será este martes 7 de abril, ás 20:30 hora, no Teatro Principal, enmarcado no ciclo Sons’15. Trátase dun disco moi especial, editado por Fol Música, resultado de encontros casuais, sincronicidades, afinidades e descubrimentos.
CENSO ELECTORAL
Expostas entre o 6 e o 13 de abril as listas do censo con motivo das eleccións municipais
As listas do censo estarán expostas ao público do 6 ao 13 de abril por mor das vindeiras eleccións municipais. Os/as cidadáns/as deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca "as relacións históricas, culturais, económicas e sociais" entre Santiago de Compostela e Padrón, que "fortalecen a propia proximidade xeográfica"
Como cada luns de Pascua, celebrouse o Día de Santiago en Padrón. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, encabezou a delegación municipal que se trasladou á vila veciña para celebrar esta xornada, na que –ao igual que sucede co Día de Padrón nas festas do Apóstolo- os dous pobos renovan os seus lazos de irmandade.
CONSORCIO
A Casa do Cabido inicia o horario de verán, que se prolongará ata finais de outubro
O museo da Casa do Cabido, na praza das Praterías, iniciou o 1 de abril o novo horario de verán, que se prolongará ata finais do vindeiro mes de outubro. Durante este período, o museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 21:00 horas en horario de tardes (ata agora era de 16:00 a 20:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido permanece pechada.