CONSORCIO
Esgotadas todas as publicacións que regalaba o Consorcio aos visitantes da Casa do Cabido con motivo do Día Internacional do Libro
Este xoves 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fixo entrega de publicacións a todas as persoas que visitaron a Casa do Cabido nesta data, tanto adultos como ao público infantil e xuvenil.
XUNTA DE GOBERNO
Melloras en 23 parques infantís da cidade para adaptalos á normativa vixente
A Xunta de Goberno abriu o procedemento para adxudicar o servizo de reparación de parques infantís para obter certificación do cumprimento da normativa. O tipo de licitación establécese en 58.287 euros e o prazo para os traballos é de tres meses.
XUNTA DE GOBERNO
Unha auditoría avaliará a eficiencia enerxética de 137 equipamentos municipais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a adxudicación pola Xunta de Goberno do servizo de auditoría enerxética das edificacións e instalacións municipais do Concello de Santiago, por un importe de 71.874 euros e un prazo de execución de seis meses.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello porá en marcha un protocolo para o control das colonias de gatos
O Concello de Santiago vai aplicar un protocolo o control e salubridade das colonias de gatos no municipio. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria deste venres. Neste documento, apuntou o alcalde, Agustín Hernández, "propóñense diversas medidas na procura de integrar de forma efectiva na convivencia cidadá a existencia de gatos que viven en estado de liberdade, co obxectivo de agrupalos en colonias para facilitar a súa alimentación e controlar a súa reprodución e salubridade".
XUNTA DE GOBERNO
O Concello recibe 200.000 euros para a contratación de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social
A Xunta de Goberno acordou aceptar unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación temporal de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA para o ano 2015. Grazas a estas axudas, por un importe total de 201.018 euros, o Concello contratará catro técnicos de programas, nove administrativos, cinco conserxes e dous peóns.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán deu a benvida aos participantes no IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos á apertura do IX Congreso Nacional da Federación de Asociacións de Enfermería Comunitaria e de Atención Primaria (FAECAP).
CONSORCIO
Abe Rábade presenta a obra que compuxo para a Real Filharmonía e que se estreará a vindeira semana en Santiago e Ourense
O afamado pianista e compositor compostelán de jazz Abe Rábade compuxo unha obra para a Real Filharmonía de Galicia. A peza estrearase a vindeira semana en Santiago, interpretada polo trío que lidera o músico nun concerto coa RFG. Será o xoves día 30, coincidindo co Día Internacional do Jazz, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas.
CULTURA
Concerto da Banda Municipal de Música coa colaboración de Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia
A Banda Municipal de Santiago e a Real Filharmornía de Galicia unen forzas para ofrecer a todos os melómanos de Compostela un concerto moi especial. A Banda ofrecerá, dentro do seu concerto dominical, a obra A double bass fantasy, do compositor catalán Moisès Bertran, acompañada por Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía. Esta obra foi composta por solicitude do contrabaixista húngaro Ivan Stankov e foi estreada en xaneiro de 2014 na cidade de Barcelona.
TURISMO
As pernoctacións internacionais medraron en Santiago un 45,71% no pasado mes de marzo
O turismo internacional continúa crecendo en Santiago dun xeito considerable. No pasado mes de marzo alcanzáronse as 22.966 pernoctacións, segundo os datos do INE. Esta cifra supón un crecemento do 45,71% respecto de marzo do ano pasado, cando o número de pernoctacións foráneas foi de 15.761. Trátase do mellor dato de turismo internacional no mes de marzo na serie histórica do INE que comeza no 2005.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación organiza unha sesión de contos para bebés este sábado
A Concellería de Educación organiza este sábado 25 de abril unha sesión de contos especialmente deseñada para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos, acompañados das súas familias, baixo o lema "Do Berce á Lúa", dentro da programación da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura, que comprende diferentes actividades.