SERVIZOS SOCIAIS
Segue o programa "A nosa vida en positivo" cunha conferencia sobre como ser mozo hoxe
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu no Centro Sociocultural das Fontiñas á conferencia "Ser mozo hoxe", impartida polo psicólogo Javier Urra no marco do programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas.
CULTURA
O Retrete de Dorian Gray estrea "In Memoriam" na Zona C dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
A Zona C acollerá esta semana, e dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a estrea de In memoriam, de O Retrete de Dorian Gray. Poderá verse do mércores 22 ao domingo 26 de abril ás 20:30 horas (agás domingo, que será ás 19:30 horas). Trátase dunha proposta de teatro de obxectos, un espectáculo sen palabras cunha duración de 50 minutos. Dirixido por XRON, está protagonizado por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido, con iluminación de Fidel Vázquez e produción de Belem Brandido.
ALCALDÍA
Hernández aposta por converter o centro histórico de Santiago nun "conxunto eficiente, intelixente e cun mellor servizo, tanto aos seus cidadáns como aos seus visitantes"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á apertura da terceira edición do Congreso Cidades dixitais, a tecnoloxía aplicada a un novo concepto de sociedade, organizado pola Confederación Española de Empresas do Sector TIC (CONETIC). Estas xornadas desenvólvense entre hoxe e mañá no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.
CONSORCIO
Monicreques de entre 2 e 4 metros de altura protagonizan unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria no Auditorio de Galicia. O primeiro será o xoves 23, ás 11:00 horas; e o segundo o venres 24, tamén ás 11:00 horas. Ademais, o sábado 25, ás 19:00 horas, a orquestra ofrecerá a mesma actuación, nesta ocasión dirixida ao público familiar, na Cidade da Cultura, no Museo Centro Gaiás. A batuta destes concertos levaraa o mestre romanés Mihnea Ignat, director titular e...
CONSORCIO
O Consorcio conmemora o Día Internacional do Libro coa entrega de publicacións a todos os que visiten a Casa do Cabido este xoves
O vindeiro xoves, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Con motivo desta conmemoración, o Consorcio de Santiago fará entrega de publicacións a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido ao longo da xornada, tanto a adultos como ao público infantil e xuvenil.
ALCALDÍA
O alcalde destaca o labor do equipo comunitario do barrio das Fontiñas para "lograr unha convivencia positiva entre as familias, na escola e entre os veciños"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu no Palacio de Congresos e Exposicións á conferencia "Ser mozo hoxe", impartida polo psicólogo Javier Urra, enmarcada no programa A nosa vida en positivo, promovido pola Concello en colaboración co equipo comunitario do barrio de Fontiñas. Asistiron a esta charla alumnos e alumnas de primaria e secundaria dos centros educativos da cidade. Pola mañá, esta conferencia impartiuse a escolares do CEIP das Fontiñas e Monte dos Postes e do IES Antonio Fraguas.