COMERCIO
Estrea Estilo!" convida ao pequeno comercio compostelán a presentar as súas coleccións primavera- verán nun escenario especial
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou o programa de dinamización comercial Estrea Estilo!, acompañada de Charo Barca, de Pazo San Lorenzo e Mónica Mejías e Elena E. Sánchez, da empresa Correveydile, asistencia técnica do evento. Trátase dunha xornada na que o pequeno comercio compostelán poderá presentar, exhibir e vender as novas coleccións primavera- verán 2014, en diversos espazos do Pazo de San Lorenzo. O evento celebrarase o domingo 11 de maio, de 11:00 h a 21:00 horas ininterrumpidamente. O prazo de...
CULTURA
Seis concertos no ciclo de Novas Orquestras para o primeiro semestre de 2014
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou esta mañá o programa de Novas Orquestras para o primeiro semestre deste ano. Fíxoo acompañado de Miguel Fariña, director do Conservatorio Profesional de Música de Santiago; Julio Mourenza, vicedirector do Conservatorio Superior de Música da Coruña; Alejandro Sanz, director académico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia; e Enrique Meyer, xefe de estudos da Escola de Altos Estudos Musicais, entidades todas que participan no programa...
TURISMO
Turismo de Santiago amosa a cidade aos principais xornais irlandeses en colaboración con Aer Lingus
Turismo de Santiago continúa reforzando a súa promoción en Irlanda, un dos mercados que máis creceu na cidade nos últimos anos.
Visitarán Santiago xornalistas de oito medios, entre os que se atopan os de maior difusiuón no país: o Sunday Independent e o Irish Independent.
MEDIO RURAL
O Concello destinará preto de 700.000 euros a obras de mellora no rural
O concelleiro de Medio Rural, dependente da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, Luis Mejide, presentou esta mañá en rolda de prensa as obras e melloras que se están a realizar no rural, onde se investirán 689.000 euros a través dunha subvención da Deputación da Coruña. Santiago é o concello que maior subvención recibe por parte da entidade provincial.
FESTAS
Máis de 1.000 entradas vendidas para o concerto de Andrés Calamaro nas Festas da Ascensión 2014
O ritmo de venda de localidades para o concerto do artista arxentino é moi alto: xa van vendidas máis dun milleiro de entradas para o directo que Andrés Calamaro ofrecerá o 28 de maio na Praza da Quintana. O grupo compostelán Los Árboles son os encargados de abrir a actuación.