RELACIÓNS VECIÑAIS
Concedidas todas as excursións solicitadas polas entidades veciñais dentro do programa " Imos coa Asociación"
Rematou o prazo para que as asociacións de veciños de ámbito rural e da periferia de Santiago solicitaran participar no programa "Imos coa asociación" promovido pola Concellaría de Relacións Veciñais.
TURISMO
Unha técnico de Turismo de Tanabe pasará un mes na cidade aprendendo o funcionamento de Turismo de Santiago
Esta acción forma parte da colaboración para a promoción conxunta de ambas cidades, na que se inclúe un intercambio de persoal. No mes de maio virá un delegación de Tanabe, que participará na primeira semana de Xapón en Santiago.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Remata o Club de Debate do curso 2013-2014
Unha iniciativa na que o Concello de Santiago de Compostela participou xunto cos concellos de Ames, Carballo O Carballiño, Pontevedra, Teo e Ferrol. O Teatro Jofre, acollerá a fase final do Club de Debate do curso 2013-2014
ECONOMÍA
O Concello adica 100.000 euros ao apoio a persoas emprendedoras
O programa Santiago Investors Support estrea unha partida de 25.000 para actividades ou eventos de promoción económica que desenvolvan empresas ou institucións da cidade. No ano 2013 partiparon máis de 3.500 persoas nas actividades do programa municipal de dinamización económica.
CONSORCIO
O Consorcio achegará este ano 230.000 euros para o desenvolvemento de actividades culturais na cidade
Destinará á Fundación Laboral da Construción 15.000 euros para a realización de cursos prácticos en materia de rehabilitación, restauración e mantemento de edificios.
EMPREGO
Clausurado o Foro de Intermediación e Emprego coa participación de máis de 3000 persoas
Durante dous días o FIE acolleu 51 actividades relacionadas coa busca de emprego e o mercado laboral. Á clausura asistiu o alcalde, Ángel Currás, e a concelleira de Emprego, Reyes Leis.