XUVENTUDE
O Parque Pena Aventura en Portugal acolleu á xuventude de Compostela
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou na segunda xornada das actividades programadas para Semana Santa en Portugal, no parque Pena Aventura.
EMPREGO
O Foro de Intermediación e Emprego inclúe unhas xornadas técnicas sobre inserción laboral e recrutamento 2.0
A versión online da busca de emprego e o coñecemento do mercado laboral 2.0 é o tema central destas xornadas gratuítas. Os interesados en participar nas actividades deben inscribirse previamente na web da Axencia Local de Colocación de Santiago.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos divírtense na Semana Santa coas actividades de conciliación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou esta mañá os rapaces que están a participar nas actividades no CEIP As Fontiñas. Un programa educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer no tempo de vacacións.
DESENVOLVEMENTO URBANOS SOSTIBLE
Un plan de xestión da auga de rego permitirá aforrar 190.000 metros cúbicos
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presentou en rolda de prensa o Plan de xestión para o aforro de auga de rego en zonas verdes, outra das melloras que acometerá a empresa Cespa dentro do contrato de mantemento das zonas verdes do municipio. Preténdese pasar de 350.000 a 160.000 metros cúbicos de auga empregados.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Sala Agustín Magán acollerá máis de trinta actuacións multidisciplinares de abril a xuño
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presentou a nova programación teatral para os meses de abril, maio e xuño de 2014 na Sala Agustín do CSC de Santa Marta, un espazo cultural onde as artes escénicas, audiovisuais de difusión e formación e manifestacións orais serán as grandes protagonistas.