NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Auditorio acolle un concerto especial de Toc Toc para os máis pequenos
Ante a grande acollida que está a ter a actuación deste domingo na capital galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello compostelán ampliaron a capacidade ata mil prazas e reforzaron a actividade cun Pablo Díaz que actuará arroupado pola banda Toc Toc ao completo. A concelleira Reyes Leis e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron a actividade en rolda de prensa acompañados dos músicos Pablo Díaz e Olga Kirk.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Primeira reunión do Consello de Relacións Veciñais trala renovacións dos seus membros
Tralas eleccións, o Consello de Relacións Veciñas ponse en funcionamento cunha xuntanza no pazo de Raxoi presidida polo edil Francisco Noya. Por terceiro ano foron consensuadas as actividades a desenvolver despois de facilitar o concelleiro copia do orzamentos de relacións veciñais aos asistentes.
EMPREGO
O Concello de Santiago celebrará en abril unha nova edición do Foro da Intermediación e o Emprego
Durante dúas xornadas daranse a coñecer os distintos servizos e programas de apoio ao emprego que presta a Axencia Local de Colocación.
CONSORCIO
O Consorcio , Alvarellos e a Xunta editan "Salón Teatro. Corazón do espectáculo", un repaso a case cen anos de vida
A publicación recolle a arquitectura e a crónica da sala inaugurada en 1920 no número 34 da rúa Nova, que segue a ser protagonista da vida cultural. Variedades, música, mítins e cine conformaron a súa oferta durante estes case cen anos, incluída a estrea da cinta La casa de la Troya en 1926
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
A Alameda lembrará cun paseo literario as citas de grandes escritores sobre o Camiño de Santiago e a cidade
Desde Dante ata Hemingway ou García Márquez, os grandes literatos inmortalizaron nas súas obras o Camiño de Santiago. O Concello quere recoller e resaltar estas citas e para iso a Alameda acollerá un "paseo literario" entre a Porta dos Leóns e a Estatua de Rosalía. A iniciativa foi presentada en rolda de prensa polo alcalde compostelán, Ángel Currás e e a concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo. Pola tarde, visitarán o paseo.
DEPORTES
Preto de 400 ximnastas participarán este sábado no I Torneo Jael de Ximnasia Rítmica Club Viravolta
O edil de Deportes, Adrián Varela, presentou en rolda de prensa o evento, que se celebrará no pavillón de Santa Isabel este sábado 28 de marzo.
DEPORTES
Santiago acollerá o Campionato galego e o clasificatorio provincial de Duatlón
Este sábado 29 tendrá lugar nas inmediacións do estadio de San Lázaro a XII edición Duatlón Cidade de Santiago e a XV edición Duatlón Escolar de Santiago. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou os eventos en rolda de prensa acompañado polos organizadores, o Club Triatlón Arcade Inforhouse e a Federación Galega de Triatlón.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago achegará este ano unha partida de 1.427.379 euros para concluír a restauración das torres da Catedral
O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados na xuntanza destaca a aprobación dun convenio coa Fundación Catedral e outro co Concello de Santiago para sinalización turística. Tamén se deu luz verde á liquidación presupostaria do exercicio 2013, así como á posta en marcha do VIII Festival de Músicas Contemplativas en colaboración co Auditorio de Galicia.