CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Concello colabora por terceiro ano consecutivo coas festas de barrios e parroquias
O concelleiro delegado de Relacións Veciñais e Festas, Francisco Javier Noya Iglesias, retoma por terceiro ano a colaboración do seu departamento coas festas populares e patronais de barrios e parroquias, renovando así o compromiso subscrito coas asociacións de veciños no ano 2012.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita co programa Imos ao Baile este sábado 15
Nesta ocasión será no Centros Sociocultural de Vite a partir das 17.00 horas.
NORMAILIZACÓN LINGÜÍSTICA
Comeza unha nova edición do Conto viaxeiro para fomentar o uso do galego entre os máis pequenos
Por segundo ano, desde a Concellería de Normalización Lingüística ponse en marcha a creación dun conto colectivo coa participación dos centros escolares da cidade. Como novidade, este curso está prevista tamén a edición en papel do conto, que lle será enviada aos centros participantes.
CULTURA
‘As mil vidas de Matías Houseman’ e ‘Fémina Sapiens’, próximas propostas do ciclo Teatro&Danza.
Josito Porto está nominado como Mellor actor principal aos Premios María Casares por esta obra. Ambos espectáculos están enmarcados dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aprobou a realización de melloras no parque de Bombeiros por máis de 200.000 euros
Foi un dos asuntos principais desta última sesión na que tamén se lles deu o visto bo ás obras en Paradelas e A Susana, como sinalou a a concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible e voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo.
COMERCIO
Reyes Leis reúnese cos comerciantes para explicarlles os proxectos en marcha na Concellería
A xuntanza tivo lugar na Casa do Concello e contou coa asistencia de representantes das diferentes asociacións comerciais da cidade.