BENESTAR SOCIAL E EDUCACIÓN
Máis de 20 rapaces e rapazas reciben cada día apoio ao estudo grazas ao programa do USN "Alternativa activa"
A concelleira de Benestar Social e Educación, María Castelao, visitou os participantes no programa Alternativa activa. Esta iniciativa, enmarcada no proxecto Urbana Santiago Norte, desenvólvese nos meses de xullo e agosto no Centro Sociocultural da Trisca e nela participan cada día unha media de 23 rapaces e rapazas.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello repartirá 64.800 euros en subvencións ás asociacións veciñais
O concelleiro de Relacións Veciñais, Francisco Noya, deu conta da aprobación pola Xunta de Goberno da convocatoria de subvencións para as asociacións veciñais correspondentes ao ano 2013. A partida total dispoñible é de 64.800 euros.
OBRAS
Máis de 200.000 euros para obras en calzadas e espazos públicos de Guadalupe
O Concello vai acometer nas vindeiras semanas varias obras no barrio de Guadalupe, cun investimento previsto de 201.783 euros. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, acompañado da presidente da Asociación de Veciños de Guadalupe, Isolina Barreiro.
CULTURA
Maxia cómica en "Verán na rúa"
O mago Pablo Good Idea animára co espectáculo Pablo Superstar Cool as prazas da Quintana (martes 13) e San Martiño Pinario (mércores 14). Unha nova entrega do programa Verán na rúa.
CULTURA
Damien Jurado, unha das figuras máis relevantes do folk-rock americano, en setembro dentro do ciclo Íntimo & Acústico
Setembro comezará cunha importante cita musical no Teatro Principal dentro do ciclo Íntimo & Acústico. Damien Jurado unha das figuras máis relevantes do folk-rock americano, ofrecerá un concerto o mércores 4 de setembro, ás 21.00 horas. Contará con William Tyler como artista convidado.