VÍAS E OBRAS
O Concello realizará melloras nas rúas Pintor Lino Villafínez e Pintor Modesto Brocos
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e de Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, recibiu unha representación da Comunidade de Propietarios da Urbanización Ibergalicia, situada nas rúas Pintor Lino Villafínez e Pintor Modesto Brocos. As 150 familias destes tres bloques de vivendas, situados entre a avenida de Xoán XXIII e o Parque de Xixón, explicáronlle ao concelleiro as necesidades máis prioritarias de actuacións en rúas, mobiliario ou parques desta parte da cidade.
EDUCACIÓN
Recepción a un grupo de escolares franceses
A concelleira de Educación, María Castelao, recibiu un grupo de 28 alumnos e alumnas do Collège Jean Rostand, de Tartas-Aquitania (Francia).
FESTAS
Macaco, Pignoise e David Civera, primeiros nomes confirmados para uns concertos da Ascensión integramente de balde
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, presentou un avance das festas da Ascensión, que se celebrarán do 8 ao 12 de maio. Macaco, Pignoise, David Civera ou Rosa Cedrón son algúns dos nomes xa confirmados para uns concertos que serán todos gratuítos.
CULTURA
Mighty Calacas, a nova banda do compostelán Marcos Coll, no ciclo Blues Nite
Os Mighty Calacas presentarán o seu primeiro disco, Hot Pelucho Sounds o 7 de maio, ás 20:30 horas, na Sala Capitol, como aperitivo das festas da Ascensión e dentro do ciclo Blues Nite. Abrirán o concerto The Lákazans, unha banda principalmente de versións que conseguen levar a un terreo moi persoal.
PARQUES E XARDÍNS
O novo parque interxeracional de Ramírez estará listo a principios de maio
As obras do novo parque interxeracional de Ramírez avanzan a bo ritmo malia as inclemencias meteorolóxicas. Así o puido constatar a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, na visita que realizou á zona de actuación. Anunciou que mesmo se poderán adiantar os prazos e abrir o parque a principios de maio.
CULTURA
Disco Las Palmeras! presentan o seu novo traballo discográfico na Zona C
Este xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C (Bonaval, 1), cita con Disco las Palmeras! no Compostela Rock. As entradas está a venda a 6 euros (máis gastos de distribución) cunha oferta especial de entrada e vinilo a 12 euros. Como teloneiros contarán con Telephones Rouges, unha banda da escena underground galega.
BENESTAR SOCIAL
Colaboración municipal na difusión das actividades da Asociación de Celíacos
A concelleira de Benestar Social reuniuse coa Asociación de Celíacos de Galicia. María Castelao comprometeuse cos seus representantes a colaborar na difusión das súas actividades.
CONSORCIO
Unha nova publicación do Consorcio examina a traxectoria da Cámara Agrícola e Pecuaria no reinado de Alfonso XIII
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929), de Antonio Míguez e Miguel Cabo, coeditado polo Consorcio e Sotelo Blanco Edicións. O acto celebrouse na sede da Real Sociedade Económica de Amigos do País.