MULLER
O Concello homenaxea a Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras con motivo do Día Internacional da Muller
A concelleira de Muller, María Castelao, presentou o acto que con motivo da celebración do Día Internacional da Muller se celebrará o venres 8 marzo, ás 20:00 horas, no Pazo de Raxoi. O Concello homenaxeará a tres mulleres -Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras- en recoñecemento ao seu esforzo no mantemento das tradicións culturais, do pequeno comercio e da hostalería, respectivamente.
CULTURA
O VI Ciclo 1906 Jazz trae de novo a Compostela unha representación do mellor das diferentes correntes do jazz actual
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o VI Ciclo de Jazz 1906 acompañado de Juan Paz, brand manager de 1906, e Carlos López, director artístico e coordinador musical do ciclo. Ron Carter Trío abre o domingo 17 de marzo este ciclo, composto por sete concertos.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para inscribirse no curso para emprendedores "O marco persoal: aprendendo a xestionar a vida con talento"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso O marco persoal: aprendendo a xestionar a vida con talento, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación reuniuse co presidente das ANPAS de Santiago
A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia (San Lázaro) co presidente da Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (ANPAS) de Santiago, Fernando Lacaci. Acompañouna a súa antecesora no cargo, Rebeca Domínguez.