COMERCIO
O Concello convoca os Premios do Comercio Compostelán 2013
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi os Premios do Comercio Compostelán 2013, cos que o Concello quere recoñecer o traballo e o esforzo dos pequenos comerciantes da cidade e que se entregarán o día 23 de maio nunha recepción no Concello. A concelleira estivo acompañada da xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e Deseño, Elena Fabeiro, xa que, tras a experiencia positiva do ano pasado, por segunda ocasión a peza conmemorativa que se entregará aos premiados seleccionarase entre os...
SOSTIBILIDADE
Santiago de Compostela súmase á Hora do Planeta co apagado do alumeado monumental do Concello e da Catedral
A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, anunciou que, un ano máis, o Concello de Santiago se unirá á celebración da Hora do Planeta cun acto simbólico. O sábado 23, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación monumental exterior do Concello e da Catedral permanecerá apagada.x
TURISMO
Dezaseis restaurantes ofrecerán menús especiais de Semana Santa a 18 euros grazas ao programa "Santiago Paixón"
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistíu á presentación da primeira edición do programa gastronómico Santiago Paixón, organizado pola asociación Hostalería Compostela en colaboración con Turismo de Santiago. Dezaseis restaurantes participarán na iniciativa, que permitirá ofrecer menús temáticos durante a Semana Santa.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de cubrición da bancada do campo de fútbol do SERGAS
A Xunta de Goberno municipal, na súa sesión ordinaria, aprobou a obra de cubrición da bancada do campo de fútbol de San Lázaro (SERGAS). Ademais, deuse o visto bo á adaptación do convenio colectivo dos traballadores municipais á normativa estatal neste ámbito.
CONSORCIO
A Semana Santa de Santiago acollerá a ruta dos "Espazos para a reflexión"
Varias igrexas históricas de Santiago manterán durante a Semana Santa un amplo horario de apertura, polo que os veciños e visitantes poderán percorrelas creando unha ruta pola arte e a historia destes templos e das confrarías que neles teñen as súas sedes.
PLENO
O Pleno adopta por unanimidade un acordo de apoio aos afectados polas preferentes
O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria do mes de marzo, votou a favor por unanimidade un acordo de apoio aos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas. Ademais, a Corporación aprobou definitivamente o novo Regulamento da Policía Local, unha vez recollidas algunhas das alegacións presentadas.
EDUCACIÓN
Os escolares do CEIP Ramón Cabanillas pintaron a súa Semana Santa cun fin social
A concelleira de Educación, María Castelao, acompañada de Laura Brenlla, secretaria da Irmandade de Estudantes, visitou o CEIP Ramón Cabanillas para animar os escolares a participar nos programas Paixón Escolar e Social, que promove a Irmandade de Estudantes en colaboración co Concello de Santiago.