ALCALDÍA
Os alcaldes das Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebran a súa Asemblea en Santiago
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presentou os actos con motivo da celebración da Asemblea de Cidades Patrimonio e as xornadas Análise da aplicación das novas tecnoloxías á arqueoloxía. A problemática da divulgación. Estas xornadas terán unha sesión técnica aberta ao público o xoves 14.
XUVENTUDE
Xuventude busca nova imaxe
A Concellería de Xuventude pon en marcha o I Certame de Creación IMAXINART 2013, co obxectivo de buscar a súa nova imaxe gráfica corporativa. Os traballos poderán presentarse do 14 de marzo ao 30 de abril.
DEPORTES
Preto de 300 escolares de Santiago formaron unha gran melé de rugby no Obradoiro
A praza do Obradoiro acolleu unha gran melé de rugby, no que foi o primeiro dos actos previstos para esta semana de festa do rugby galego, que culminará o sábado 16 co partido oficial do Seis Nacións B entre España e Portugal. Preto de 300 nenos e nenas dos colexios de Santiago participaron nesta actividade promocional do partido. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, así como xogadores da selección española e técnicos e federativos sumáronse a esta gran melé.
CULTURA
"O Crebanoces" de Chaikovski pola Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou, presentou a representación de O Crebanoces de Chaikovski, un programa que conta coa Banda Municipal de Música e Títeres con Sacha, dentro do ciclo Infantil e Familiar. Na rolda estiverón tamén X. Carlos Seráns, director da Banda; Larraitz Urruzola, responsable da coordinación; e José Luis López "Sacha", actor. O espectáculo para títeres de mesa, dirixido a público familiar, será o domingo 17 de marzo, ás...
ALCALDÍA
Unha emenda aos orzamentos do Estado desbloquea a obra do túnel de Conxo
O alcalde compostelán, Ángel Currás, anunciou a introdución dunha emenda aos orzamentos do Estado, que permitirá cambiar as partidas económicas previstas para 2013 e 2014 e desbloquear así a obra do túnel de Conxo. As cantidades inicialmente previstas, 100.000 euros para 2013 e 350.000 euros para 2014 pasan agora a 2 e 5 millóns de euros, respectivamente.
TURISMO
Santiago de Compostela promociona a súa Semana Santa en Madrid e Barcelona
Turismo de Santiago organiza esta semana dúas presentacións específicas da Semana Santa na cidade para incentivar o mercado nacional nesas datas. A primeira das presentacións, dirixida a medios e turoperadores, realizouse en Madrid. A outra farase en Barcelona.
CULTURA
Sr. Chinarro volve a Compostela tres anos despois dentro do ciclo Íntimo & Acústico
Despois de tres anos, volve a Compostela Sr. Chinarro, desta vez da man do ciclo Íntimo & Acústico. O concerto será o xoves 14 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. O prezo das entradas é de 12 € anticipada e 15 € na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas.