CULTURA
Ron Carter Trío inaugura o Ciclo 1906 Jazz
O Ciclo 1906 Jazz volve ofrecer aos afeccionados ao jazz intérpretes de incontestable calidade e que percorren as diferentes correntes do jazz actual. Ron Carter Trío abrirá esta sexta edición o domingo 17 de marzo, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.
PATRIMONIO
O barrio de Casas Novas recupera o seu cruceiro dez anos despois
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visitou o barrio de Casas Novas con motivo das obras de reparación do cruceiro. Investíronse uns 24.000 euros na recuperación deste monumento, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
DEPORTES
O partido do Seis Nacións B entre España e Portugal culminará en San Lázaro a semana de festa do rugby galego
O Estadio Multiusos de San Lázaro acollerá o sábado 16 de marzo, ás 18:00 horas, o partido internacional de rugby entre España e Portugal, correspondente ao Campionato de Europa. Torneo 6 Nacións B. Con este partido culminará unha semana de festa coa que se celebrarán os 30 anos da Federación Galega de Rugby.
EDUCACIÓN
Educación ofrece ata 60 prazas no seu programa de conciliación da Semana Santa
A concelleira de Educación, María Castelao, presentou o programa municipal de conciliación para esta Semana Santa 2012. Durante os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril, as familias compostelás dispoñerán dun espazo no CEIP As Fontiñas para conciliar o seu horario laboral co lecer e a educación dos seus fillos. A inscrición poderá formalizarse ata o 15 de marzo.
CULTURA
Coetus & Eliseo Parra presentan "Entre tierras" no ciclo Sons’13
Na súa primeira actuación en Compostela, Coetus & Eliseo Parra presentan o seu segundo álbum Entre tierras no ciclo Sons’13. Será o mércores 13 de marzo, as 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
A Xunta atende as alegacións do Concello de Santiago e aproba o trazado definitivo da Variante de Aradas
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, avanzou que o venres 15 se publicará no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de trazado definitivo da Variante de Aradas, así como o expediente de información pública desta actuación. Hernández fixo este anuncio durante a visita ás obras de mellora que se están a executar na estrada AC-543 Roxos- Portomouro, na que tamén participou o alcalde compostelán, Ángel Currás.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberto o prazo de inscrición para a viaxe ás termas de Monçao (Portugal), a terceira do programa "Imos de excursión"
A segunda das viaxes do programa municipal Imos de excursión, da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, celebrarase o domingo 17 de marzo, con destino á Galicia Histórica. Aínda quedan prazas dispoñibles.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para inscribirse ao curso "Como traballar en equipo e triunfar"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso Como traballar en equipo e triunfar, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.