CULTURA
Chega ao Auditorio de Galicia "Nya. Díptico para 9 bailaríns", coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa
O Ballet Contemporáneo de Arxel estará o sábado 3 de marzo en Compostela para poñer sobre o escenario Nya. Díptico para 9 bailaríns. A obra, producida pola compañía A Baraka, toma o Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi nunha versión dirixida e coreografiada polo prestixioso Abou Lagraa. Será no Auditorio de Galicia a partir das 21:00 horas.
MULLER
O Concello celebrará o Día da Muller cun acto de homenaxe a tres mulleres, obradoiros e un torneo de fútbol sala feminino
O xoves 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Con tal motivo, a Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego preparou unha serie de actos para esta xornada e días sucesivos: unha homenaxe a tres mulleres pola súa traxectoria persoal e profesional, obradoiros e un torneo de fútbol sala feminino.
URBANISMO
Outorgadas as primeiras seis licenzas para a legalización de actividades de empresas do Polígono Industrial do Tambre
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que na semana que remata foron outorgadas as seis primeiras licenzas de legalización de actividade a empresas do Polígono do Tambre. Iníciase así un proceso longamente agardado e demandado polos empresarios desta superficie industrial.
CULTURA
A Banda Municipal celebra o Día da Muller Traballadora cun concerto especial
Un ano máis, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día da Muller Traballadora. Faino cun concerto especial no que a solista convidada será a clarinetista Amelia Ónega Otero. Será o domingo 4 de marzo, a partir das 12:00 horas, no Teatro Principal, con entrada de balde. Este concerto, ademais de estar dedicado ao Día da Muller Traballadora, está incluído dentro do exitoso ciclo de Novos Intérpretes Galegos.
CULTURA
"Zoo", unha comedia de Yllana no Principal
O domingo 4, Yllana montará o seu Zoo no Teatro Principal e os composteláns poderán velo a partir das 20:00 horas en sesión única. César Maroto, Elena Lombao, Susana Cortés e Rubén Hernández garanten risas e unha boa tarde. As entradas, a 12 € (8 € no anfiteatro) poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas.
CULTURA
A compañía A Xente das Palabras presenta o concerto familiar "A Berenguela"
A compañía A Xente das Palabras presenta o sábado 3 o concerto familiar A Berenguela, unha opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María. Será no Teatro Principal a partir das 19:30 horas, cunha duración de 50 minutos. A obra está recomendada para cativos e cativas de entre 4 e 10 anos. As entradas, a un prezo de 6 euros adulto e 3 euros nenos, pódense mercar na billeteira do Teatro Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.