ALCALDÍA
O alcalde felicita a Córdoba pola elección como sede da Copa Davis e agradece o traballo da candidatura compostelá
Minutos despois de coñecer a elección de Córdoba como sede da semifinal da Copa Davis, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa felicitou á cidade andaluza, á súa Corporación e aos seus cidadáns. Do mesmo xeito agradeceu o "excelente traballo" realizado pola candidatura compostelá e manifestou que esta experiencia servirá de estímulo para futuras candidaturas de Santiago a organizar eventos deportivos internacionais.
FESTAS
O Concello seguirá apostando por unhas Festas do Apóstolo participativas
Os concelleiros María Castelao e Adrián Varela fixeron balance das Festas do Apóstolo. Destacaron a "participación da cidade" nas distintas actividades do programa e a intención de seguir traballando nesta liña cara a futuras edicións, co obxectivo de converter as Festas nun "referente en Galicia".
CULTURA
O Festival dos Abrazos enche de cultura as rúas de Santiago con máis de 60 actividades
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presentou a programación do Festival dos Abrazos 2011 acompañado da xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia. O festival, que celebra a súa cuarta edición, ofrecerá do 8 ao 27 de agosto, en espazos singulares da cidade, 66 actividades de diferentes disciplinas.
ALCALDÍA
Conde Roa resalta o importante labor de asesoramento integral prestado polas oficinas municipais de rehabilitación
O alcalde, Xerardo Conde Roa, participou no acto de sinatura dos convenios de colaboración para o financiamento das Oficinas Municipais de Rehabilitación, xunto co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. O rexedor compostelán interveu en nome dos 32 concellos asinantes.