ALCALDÍA
Conde Roa fai un chamamento á calma e á confianza na localización do Códice Calixtino
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, indicou que a desaparición do Códice Calixtino é "un golpe moi forte para a cidade", pero quixo facer un chamamento a "manter a calma" e a confiar na localización do exemplar.
PLENO
O Pleno aproba a redución do réxime de dedicacións exclusivas e persoal de confianza
No primeiro Pleno da nova Corporación, neste caso extraordinario e urxente, aprobouse o réxime do persoal eventual e de dedicacións exclusivas dos concelleiros. Tamén se determinaron os integrantes das diferentes comisións e dos organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, empresas públicas, sociedades mixtas e consellos sectoriais.
ALCALDÍA
O Goberno municipal garante a presenza da oposición no Consorcio de Santiago
Unha vez reunida a Xunta de Voceiros municipais, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, anunciou que "os dous grupos municipais da oposición van ter representación no Consorcio de Santiago". Na xuntanza falouse do nomeamento de representantes en organismos supramunicipais, organismos autónomos e empresas públicas, así como da composición das diferentes comisións. Esta será unha cuestión que se aprobará no Pleno extraordinario previsto para a tarde desta mesma xornada, a partir das 18:30 horas.
ALCALDÍA
O Concello ratifica o seu apoio ao Club Financeiro de Santiago para iniciar a construción da súa sede en San Lázaro
A construción da sede física para o Club Financeiro de Santiago está máis preto de converterse en realidade. Así o manifestou o alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, quen se comprometeu a facilitar a cesión dos terreos una vez constituída a Fundación da entidade empresarial e levada a solicitude ao Pleno.