XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de ordenanza que axiliza a apertura de determinados locais e actividades
A Xunta de Goberno local vén de dar luz verde ao proxecto de ordenanza que regulará a tramitación de actividades. Grazas a esta norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura, que será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos, axilizando de forma considerable o proceso. O proxecto foi presentado en rolda polas concelleiras de Urbanismo, Mercedes Rosón, e de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello achega máis de 50.000 euros a cinco entidades do ámbito sociosanitario
A sesión da Xunta de Goberno Local tamén deu o visto bo á convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar así como a axudas para a rehabilitación de vivendas e locais no Casco Histórico por importe de preto de 30.000 euros.