BENESTAR SOCIAL
"Infórma-T" asesora sobre todo tipo de prestacións aos veciños de Santiago Norte
O Equipo de Dinamización Social de Benestar Social pon en marcha o servizo Infóma-T, no marco da iniciativa europea Urbana Santiago Norte, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
BENESTAR SOCIAL
Unha cadea humana chamará a atención sobre o papel dos riles na aparición das enfermidades cardiovasculares
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, e o coordinador en Santiago da Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer-Coruña), Manoel Bello, presentaron os actos con motivo do Día Mundial do Ril, que se celebra mañá xoves, 10 de marzo. Unha cadea humana e varios puntos de información chamarán a atención nesta ocasión sobre o papel dos riles na aparición das enfermidades cardiovascualres.
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento
A Concellería de Educación comunica a apertura do prazo de reserva e renovación de praza nas escolas infantís de San Roque, Polígono do Tambre e Tras Parlamento para o curso 2011-2012. Xa se coñecen tamén os prazos de preinscrición para novos usuarios e de matrícula.
ALCALDÍA
O primeiro edificio rehabilitado da ARI de Vista Alegre xa conta co seu novo elevador
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, visitou as obras da ARI (Área de Rehabilitación Integral) de Vista Alegre. En concreto, puideron comprobar o estado da actuación no primeiro dos edificios rehabilitados, o número 6 da rúa Santa Uxía de Ribeira.
CULTURA
O Centro Coreográfico Nacional de Caen presenta "Manta", sobre o veo islámico
O ciclo SCQ Danza, que organiza a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, ten unha nova cita no calendario o venres 11 de marzo. Nesta ocasión será co Centro Coreográfico Nacional de Caen/Baixa Normandía (Francia), que presenta o seu espectáculo Manta, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal.
ALCALDÍA
Comunicado do Concello de Santiago sobre a explosión dun artefacto nunha antiga vivenda do alcalde
Ante os feitos ocorridos na madrugada do martes ao mércores nun inmoble da rúa Doutor Teixeiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, lamenta ante todo, o susto e as molestias causadas aos veciños do devandito edificio, o que supón a maior preocupación para o rexedor nestes momentos.