ALCALDÍA
O novo pavillón de Fontiñas incorpora a escalada á oferta deportiva da cidade
A cidade dispón xa dun novo equipamento polideportivo a carón do IES Antón Fraguas, en Fontiñas. O novo pavillón foi inaugurado nun acto ao que asistiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O Concello incrementa o valor ambiental e social do Monte de Deus
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitou a segunda fase da actuación realizada no Monte de Deus, incluída na iniciativa Urbana Santiago Norte, financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
ALCALDÍA
Os veciños difrutan xa das amplas beirarrúas e do novo alumeado da rúa Arzúa
A remodelada rúa Arzúa (A Almáciga) foi visitada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama. A intervención neste vieiro, financiada a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010), permitiu unha mellora das beirarrúas, a renovación das instalacións de alumeado público e a mellora da seguridade viaria e da mobilidade.