ALCALDÍA
A cidade polaca de Szczecin interésase polos sistemas de xestión do transporte público de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu unha representación da cidade polaca de Szczecin, que se atopa en Santiago para coñecer os sistemas telemáticos avanzados de xestión do transporte público de Compostela.
CONSORCIO
Música e patrimonio na Semana Santa de Santiago de Compostela
A VI edición do Festival de Músicas Contemplativas marca o inicio da programación cultural do 800 Aniversario da consagración da Catedral de Santiago. Unha aposta polo diálogo intercultural que se plasma en 13 concertos representativos de tradicións musicais de Oriente e Occidente
ALCALDÍA
O alcalde reclama que para 2014 estean resoltas as conexións coa Cidade da Cultura
Unha vez coñecida a decisión de pospoñer por tres anos as obras do edificio do Centro da Música e das Artes Escénicas da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reclamou á Xunta de Galicia que se aproveite este período para cando menos resolver as conexións do complexo do Gaiás coa cidade e coa AP-9.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os seis proxectos premiados no Concurso de novas ideas empresariais Compostela Activa 2010 xa están constituídos como empresas
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presidiron no Pazo de Raxoi a entrega dos premios ás persoas promotoras dos seis proxectos empresariais galardoados no Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2010: Natural Green, Feitoría Verde, Dime Soluciones Energía y Sostenibilidad, Enkenda, Danga Danga e Itrium Tecnólogies. As seis empresas, que recibiron como premio 4.000 euros cada unha, dos que se descontaron os...
ALCALDÍA
Santiago expresa a súa solidariedade co pobo xaponés e a admiración pola súa fortaleza
A praza do Obradoiro acolleu un acto no que a cidade de Santiago amosou a súa solidariedade co pobo xaponés, que está vivindo unha situación dramática. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofreceu unhas palabras en representación da cidade, nas que destacou a "gran lección" que o pobo xaponés está ofrendo ante a adversidade e declarou a admiración pola súa valentía e fortaleza.
TURISMO
Santiago(é)Tapas abre o prazo de inscrición
Turismo de Santiago, organizadora de Santiago(é)Tapas, anuncia que os establecementos interesados en participar neste evento poden facer a súa inscrición entre o 18 de marzo e 6 de abril.
EDUCACIÓN
Concerto de Mamá Cabra para os máis novos
Os nenos e nenas de Compostela terán a posibilidade de ver ao grupo Mamá Cabra en concerto , co seu espectáculo Ola, ola, la!. Será no Teatro Principal os días 19 e 20 de marzo, con funcións ás 18:00 horas.
ALCALDÍA
O Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", máis preto de facerse realidade
Celebrouse en Tras Paxonal, no Castiñeiriño, o acto de colocación da primeira pedra da construción do Centro de Día e Ocupacional da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela". O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto xunto co presidente da entidade, José Balboa; o arquitecto da obra, José Luís Pereiro, e representantes da Xunta, da Deputación da Coruña e doutros concellos da comarca.
CULTURA
Á venda os abonos para os concertos de abril e maio do Auditorio de Galicia
O programa de abono do Auditorio de Galicia ofrece a posibilidade de mercar un abono xeral para toda a temporada ou de facelo por ciclos: de outubro a decembro; de xaneiro a marzo; e abril e maio. Os abonos para este último grupo, o chamado ciclo D, que comprende os concertos de abril e maio, póñense á venda o luns 21 de marzo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago restaura o relevo pétreo da fachada da Capela das Ánimas
O Consorcio de Santiago, no marco da recuperación integral da Capela das Ánimas, comezou a restauración do relevo pétreo que preside a fachada do templo, un grupo escultórico de grande orixinalidade que representa ás almas dos defuntos que están no Purgatorio, entre as chamas.