EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música abre as súas portas ás familias da rede de escolas infantís
Preto dun cento de familias con nenos das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, Tambre e San Roque participaron nunha actividade de educación musical. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, aproveitou esta sesión especial para valorar o traballo realizado arredor da promoción da música dende as idades máis temperás e afirmou o compromiso de "continuar esta liña de traballo en rede entre os diferentes servizos municipais, que fan crible e enchen de contido o desexo dunha cidade educadora".
ALCALDÍA
O Castiñeiriño fai memoria da súa historia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu no Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño á proxección do documental A memoria do Castiñeiriño. O documental recupera a memoria deste barrio, con testemuñas veciñais.
ALCALDÍA
Salgueiriños mellora a súa calidade visual, ambiental e de accesibilidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitaron as obras de recuperación do río Corgo e do parque de Salgueiriños, realizadas por 515.373 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. A actuación supuso unha gran mellora da calidade ambiental no ámbito de Salgueiriños e da súa zona de influencia.