ALCALDÍA
O servizo do transporte urbano incorpora cinco novos autobuses cun moderno deseño adaptado ás características da cidade
A praza do Obradoiro acolleu a presentación das cinco novas unidades que incorpora o servizo de transporte urbano. Estes autobuses destacan polo seu moderno deseño exterior, máis adaptado aos novos tempos, e tamén polas solucións técnicas que incorporan. Teñen capacidade para 26 viaxeiros sentados e 65 de pé, ademais de espazo para unha cadeira de rodas.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo á achega municipal de 819.000 euros a Incolsa
A Xunta de Goberno aprobou, entre outros asuntos, o convenio polo que o Concello achega unha subvención de 819.315 euros a Incolsa. Tamén se deu o visto bo á posta a disposición dos terreos necesarios para acometer obras viarias en Figueiras e Brins, á contratación de diversas actividades de educación ambiental e á renovación de licenzas de venda no mercado de Salgueiriños.
XUVENTUDE
Xuventude organiza a cuarta edición do concurso "MúsicaXove" nas categorías de pop, metal e outras músicas
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou a convocatoria do 4º Certame MúsicaXove, un concurso para grupos musicais da Rede Galega de Locais de Ensaio que competirán para ser os mellores na súa categoría musical: pop-rock, metal e outras músicas como o jazz, folk ou hip hop.
CONSORCIO
Compostela a través da ollada persoal e orixinal de David Pintor
O Consorcio de Santiago e a editorial Kalandraka coeditan Compostela, un orixinal libro de ilustracións realizadas por David Pintor. Trátase dunha colección de 30 debuxos que plasman diferentes vistas do casco histórico compostelán, coa ollada persoal e orixinal de David Pintor, quen recrea os espazos xerando ambientes de ensoño.
ALCALDÍA
A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aprobará en Santiago de Compostela un orzamento de catro millóns de euros para 2011
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará o xoves 10 na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrará ás 10:00 horas no Hotel Monumento San Francisco. Na reunión aprobarase un orzamento para 2011 que ascende aos 3,95 millóns de euros, tal e como aprobou con carácter previo a Comisión Executiva na súa xuntanza de xaneiro.