MEDIO AMBIENTE
O barrio das Fontiñas conta xa cun renovado parque infantil con elementos inovadores e máis de 500 metros cadrados
As Fontiñas dispón xa dunha renovada zona de lecer infantil que fará as delicias dos máis cativos da zona. Así o puido comprobar a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, que acompañou ao alumnado do CEIP das Fontiñas na reestrea do maior dos tres parques infantís abertos cos que conta o barrio. Coa edil estiveron tamén varias docentes do centro, os responsables da empresa HPC, e o xefe de servizo de Parques e Xardíns, Xosé Antonio Mosquera.
FESTAS
Nucha e Mucha apadriñan o Antroido de Santiago de Compostela acompañados pola orquestra Ardebullo Bin Ban
O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, acompañado polo creador do Meco, José Manuel Méndez, presentou o programa de actividades para o Antroido 2011, que se celebrará entre os días 5 e 9 de marzo.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá súmase ao Entroido cun obradoiro de disfraces e un baile para maiores
A Concellaría de Participación Cidadá e Normalización Lingüística convida os cidadáns de Compostela a participar no variado programa do Entroido 2011 do Concello. Así, o Departamento suma dúas actividades dirixidas a pequenos e maiores: un obradoiro de disfraces e un baile de Entroido.
ALCALDÍA
Emuvissa desestimará o recurso contra a licitación das obras do polígono industrial de Formarís e do nó de enlace coa N-550
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou en rolda de prensa que Emuvissa rexeitará o recurso que solicitaba a suspensión do proceso de licitación da urbanización do polígono industrial de Formarís (SUNP-38) e do nó de enlace coa estrada N-550. Indicou que o aprazamento da mesa de contratación destas dúas obras e da de Costa Vella (SUNP-37.3) se realizara unicamente por prudencia, á espera dos informes xurídicos e técnicos.
TURISMO
Máis de 4.000 persoas visitaron o stand de Turismo de Santiago no Fórum Gastronómico de Girona
A presenza de Santiago de Compostela no Forum Gastronómico, que tivo lugar en Girona do 20 ao 23 de febreiro, conseguiu espertar o interese de numerosos visitantes a esta cita. O stand promocionou a oferta turística de Santiago, e en especial a súa ampla oferta gastronómica, seguindo coa liña estratéxica de Turismo de Santiago de posicionar a cidade nun referente no turismo gastronómico internacional.
EDUCACIÓN
A FEGAMP e o grupo Concellos e Educación de Galicia convocan unha xornada de traballo para o 24 de marzo
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, participou en Ferrol nunha nova reunión do grupo Concellos e Educación, integrado polos responsables educativos de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Nesta quinta xuntanza acordouse o programa dunha xornada de traballo que se celebrará o 24 de marzo.
CULTURA
Titzina Teatro presenta "Exitus" no Principal
O domingo 27 de febreiro chega a Compostela Titzina Teatro dentro da programación de teatro da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais e enmarcada na Rede Galega de Teatros e Auditorios. Titzina Teatro, compañía catalana, presenta Exitus, unha historia na que múltiples personaxes e escenas se suceden de forma dinámica, poética e cun estilo traxicómico da man dos creadores Diego Lorca e Pako Merino. Titzina Teatro estará con dúas funcións, domingo e luns, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.