XUVENTUDE
Un estudo de Xuventude constata a primeira xeración tecnolóxica de Compostela e a escasa presenza do fenómeno "Ni-ni"
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou o EstudoXoven 2011, unha radiografía da mocidade de Compostela extraída de 1.500 entrevistas. O informe reflicte a escasa presenza na cidade da considerada xeración Ni-ni, ou sexa, a de aqueles mozos que nin traballan nin estudan. Por contra, si se constata unha xeración moi en contacto coas novas tecnoloxías.
XUNTA DE GOBERNO
Ábrense os prazos de solicitude de renovación e novos ingresos nas escolas municipais de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de solicitude de renovación e novas admisións nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas, as dúas de xestión municipal. Ademais, na mesma sesión adxudicáronse definitivamente as obras dos campos de fútbol de Belvís e San Lázaro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Primeira ruta gastronómica de "Coñecendo o país" para degustar o cocido de Lalín
O vindeiro domingo, 27 de febreiro, realizarase a primeira das visitas gastronómicas incluídas no programa Coñecendo o país, recentemente presentado pola Concellería de Participación Cidadá. O calendario de viaxes xa se abriu no capítulo do sendeirismo o pasado sábado, cunha ruta pola ribeira do río Ulla.