XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica cinco obras de reforzo do firme en parroquias do rural
Na súa sesión ordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou ata cinco obras de reforzo do firme en vías públicas de Sarela de Arriba (A Peregrina), Munín (Laraño), Muíños, Cesar e Sabugueira. Estas actuacións están incluídas no Plan de Obras e Servizos 2010 da Deputación da Coruña.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente restaurará as árbores e remodelará as beirarrúas das Fontiñas
A concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, presentou as obras de restauración de beirarrúas do barrio das Fontiñas que foron aprobadas pola Xunta de goberno do Concello, unha actuación financiada cos FEESL 2010. A empresa adxudicataria das obras será CESPA, por un total de 241.620 euros (IVE incluído), asignando á execución dos traballos un total de 22,5 traballadores (15,5 propios da empresa e 7 de nova contratación).
COMERCIO
Castelcan, Pérez Antolín e Seguridade A1, premiados na edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo "SCQ Shopping"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Nadal do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi Castelcan, o segundo Pérez Antolín e o terceiro Seguridade A1.
TRANSPORTES
Doce paneis informan xa en tempo real sobre a situación dos autobuses urbanos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, asistiron na rúa Xeneral Pardiñas á posta en marcha do sistema de información do transporte urbano. Son doce paneis que indican o tempo aproximado de chegada á parada do autobús. Está prevista a colocación doutros dez paneis destas características.