MEDIO RURAL
En marcha a segunda fase da limpeza das pistas do rural compostelán
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, anunciou que xa está en marcha a segunda fase da limpeza das pistas do rural do municipio, tras a primeira fase realizada con carácter de urxencia a finais do mes de agosto. O Departamento tamén está acometendo nestes intres o acondicionamento do lavadoiro e da fonte do lugar de Vilar de Outeiro, en Verdía.
CULTURA
Manuel Lourenzo gaña a XXIX edición do premio Blanco Amor de novela longa
Manuel Lourenzo González é o gañador da XXIX edición do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor que este ano organiza o Concello de Santiago e que está dotado con 12.020 euros. Así o decidiu o xurado do premio reunido o 11 de novembro no Teatro Principal cando elixiu a súa obra, presentada baixo o lema ATL. O premio será entregado ao gañador polo alcalde, Xerardo Conde Roa, nun acto que se celebra o 2 de decembro, ás 20:00 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.