RÉXIME INTERIOR
As declaracións de intereses dos concelleiros son públicas a través desta páxina web
A concellería de Réxime Interior, Amelia González, aclarou en rolda de prensa que as declaracións de intereses de todos os concelleiros da Corporación municipal están colgadas nesta páxina web.
DEPORTES
Cincuenta e catro deportistas infantís dispurarán no Restollal o Campionato de España de Patinaxe Artística
O pavillón deportivo do Restollal acollerá o vindeiro 7 e 8 de outubro o LXVI Campionato de España de Patinaxe Artística en categoría infantil. Nesta proba participarán 54 deportistas de entre 12 e 13 anos (37 rapazas e 17 rapaces), representando a 15 comunidades autónomas.
EDUCACIÓN
Máis actividades formativas e divulgativas no novo curso da Escola Municipal de Música
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, presentou a programación da Escola Municipal de Música para este curso 2011-2012. A nova temporada incorpora novas propostas formativas e máis actividades divulgativas, co obxectivo de "facer da Escola un referente" e de reforzar o seu papel "formativo, cultural e de colaboración con outras institucións da cidade".
ALCALDÍA
Santiago acolle un centro tecnolóxico de referencia internacional no estudio da auga
O Edificio Emprendia acolleu a inauguración do Centro Galego de Investigacións da Auga, CETaqua Galicia, un centro tecnolóxico de referencia estatal e internacional no estudio da auga. O complexo está promovido pola Universidade de Santiago (USC), o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e Augas de Barcelona (Agbar).
ALCALDÍA
Reunión do alcalde co presidente de Agbar
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a Ángel Simón, presidente de Agbar, a empresa matriz de Aquagest, concesionaria do servizo de augas en Santiago.