EDUCACIÓN
O ilustrador uruguaio Martín León-Barreto faise co IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, foi o encargado de entregar o galardón nun acto que tivo lugar no Pazo de Raxoi. A convocatoria das catro edicións do Premio tivo unha grande aceptación, presentáronse máis de 1.274 traballos.
ALCALDÍA
O alcalde avoga por traballar para que Lavacolla se posicione como a mellor alternativa de transporte nacional e internacional
O rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou as xornadas aeroportuarias que organizan conxuntamente o Concello e a Cámara de Comercio e que teñen por obxectivo coñecer o funcionamento do sistema aeroportuario galego e, especialmente, as novas potencialidades do aeroporto de Lavacolla, trala entrada en funcionamento a pasada semana da nova terminal. As conferencias están dirixidas aos empresarios de Compostela e comarca e ao público en xeral.
ALCALDÍA
O goberno manifesta a súa absoluta tranquilidade a respecto da Finca do Espiño e resalta os beneficios que reportará á cidade
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, quixo aclarar en rolda de prensa algunhas cuestións relativas ao proxecto de recuperación da Finca do Espiño e sinalou a importancia de desbloquear un asunto que levaba dez anos paralizado.