TURISMO
"Santiago(é)Tapas" celebrará a súa terceira edición entre o 11 de xuño e o 4 de xullo
Turismo de Santiago organiza a terceira edición do concurso Santiago(é)Tapas, que volverá a encher a cidade da mellor gastronomía en pequeno formato do 11 de xuño ao 4 de xullo.
ALCALDÍA
Asesores de empresas europeos reúnense en Santiago con motivo do Ano Santo
A agrupación de asesorías de empresas europeas iusTime celebra en Santiago a súa Asemblea Xeral con motivo do Ano Santo. Os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
O alcalde toma a iniciativa no impulso do Plan Director da Catedral e da celebración do 800 aniversario do templo
O Concello e a Catedral están pendentes da solicitude ao Ministerio de Economía e Facenda da declaración como acontecemento de excepcional interese público do 800 aniversario da consagración do templo compostelán, que se celebrará en 2011. Segundo o alcalde, este recoñecemento permitiría afrontar unha "execución delimitada no tempo" do Plan Director da Catedral.
ALCALDÍA
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública exprésalle ao alcalde a súa preocupación polo futuro sanitario da área
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os representantes da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Santiago, encabezados polo seu presidente, Francisco Reyes.
CULTURA
Benjamin Biolay presentará a ópera urbana "La Superbe" no Auditorio de Galicia
Benjamin Biolay presentará no Auditorio de Galicia o seu quinto traballo, a ópera urbana La Superbe, dentro do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura.
XUVENTUDE
O certame "MúsicaXove 2010" péchase coa final na modalidade de pop-rock
A terceira edición do Certame MúsicaXove, organizado pola Concellaría de Xuventude, celebra na noite do venres 7, ás 22:00 horas na Sala Capitol, a súa segunda e última final na modalidade de pop-rock.
ALCALDÍA
As cidades irmandadas con Santiago peregrinaron ata a Catedral e realizaron a súa ofrenda ao Apóstolo
Comezaron os actos das xornadas Camiño de Santiago: meta de Europa, no marco do programa Santiago-Une. As diversas actividades preparadas teñen o obxectivo de afirmar a importancia do Camiño como promotor da identidade europea e así fomentar o sentimento de pertenza a Europa.
XUVENTUDE
Belöp, unha banda de Redondela, gaña o "MúsicaXove 2010" na categoría de pop-rock
A Sala Capitol recibiu a tres novas promesas do pop galego, tres grupos de diversos puntos de Galicia dispostos a entrar no mercado musical. Tocaron Belöp de Redondela, Por placer de Vigo, e os composteláns Frab Fly na segunda e última final do MúsicaXove 2010, certame organizado pola Concellaría de Xuventude.