EDUCACIÓN
Mesas informativas, campañas nos colexios e menús sen glute no Día Nacional do Celíaco
As concelleiras de Educación, Mercedes Rosón, e de Benestar Social, Mar Martín, xunto con Isabel Capdevila, delegada en Santiago da Asociación de Celíacos de Galicia, presentaron esta mañá as actividades que se realizarán mañá xoves, 27 de maio, con motivo do Día Nacional do Celíaco. Haberá mesas informativas, campañas nos colexios e menús aptos para celíacos para conmemorar esta data, coa que se reivindica a plena integración do celíaco na sociedade.
EMPREGO
Promoción Económica presenta o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Boletín sobre o mercado laboral de Santiago de Compostela. 2º semestre 2009. A publicación recolle, en catro apartados e 63 páxinas, as características da poboación activa e da poboación desempregada, os perfís de contratación, a actividade empresarial, a evolución do desemprego e os sectores de actividade con máis ofertas laborais.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Recepción aos integrantes da Asociación Europea de Ferroviarios
A Asociación Europea de Ferroviarios celebra en Santiago a súas Xornadas Europas. Un nutrido grupo de profesionais do ferrocarril de todo o continente participan neste encontro do 24 ao 29 de maio.
CULTURA
Nova xornada de Curtocircuíto con cinco programas oficiais e un concerto
O Festival Internacional Curtocircuíto ofrecerá o xoves 27 un total de cinco programas oficiais que, xunto o concerto do grupo Transilvanians, son as maiores atraccións para ese día.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
A II Asemblea Xeral de Origen España aprobará a Declaración de Santiago
Origen España, a Asociación Española de Denominacións de Orixe, celebra os días 26-28 de maio a súa IIª Asemblea Xeral Ordinaria en Santiago. Os participantes foron recibidos en Raxoi.
ALCALDÍA
O alcalde di que as cidades teñen que "competir en valores singulares e calidade"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou en Madrid como relator na Xornada Territorio e Marketing, organizada por Mas Cuota e a Asociación de Marketing de España. A súa intervención levou como título "Accións globais de Marketing: o Xacobeo e a comunicación eficaz".