PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica e Emprego elabora unha guía destinada ás persoas coidadoras
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o director do Instituto para o Desenvolvemento e a Formación de Francia e socio principal do proxecto Coidadores Familiares do programa europeo Leonardo da Vinci, Patrick Torre; presentaron a Guía das persoas coidadoras. A publicación, de 140 páxinas, ten como obxectivos informar sobre as axudas e dereitos das persoas coidadoras e das persoas dependentes, e ao mesmo, tempo, orientalos na organización das súas actividades.../em>
CULTURA
Arranca a sétima edición de Curtocircuíto
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron a VII edición do festival Curtocircuíto, acompañados do director do certame, Tim Redford.
MEDIO AMBIENTE
Un roteiro verde autoguiado unirá as grandes zonas verdes de Compostela
Unir as grandes zonas verdes mediante un roteiro urbano autoguiado para peóns e ciclistas é o gran obxectivo do proxecto presentado pola concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Durante a súa intervención estivo acompañada polo xefe do departamento de Parques e Xardíns do Concello, José Antonio Mosquera.
SERVIZOS
A concelleira de Servizos afirma que a folga do lixo é "unha folga contra os cidadáns de Santiago"
A concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano, compareceu en rolda de prensa para informar da folga de lixo cando se cumpren xa dez días da mesma. Anunciou un novo decreto de servizos mínimos e condenou uns actos vandálicos que cualificou como "semiterroristas", xa que "poñen en risco aos veciños da cidade".
URBANISMO
Unha xornada reúne a destacados expertos na xestión de vivenda social en aluguer
A concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa as Xornadas sobre vivenda social en aluguer, que se celebrarán o venres 21 no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea. Estas sesións de traballo, organizadas pola Concellería de Urbanismo, EMUVISSA e a delegación compostelá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, desenvólvense no marco do proxecto europeo SUITE, liderado por Santiago.
ALCALDÍA
Recepción aos organizadores do Congreso de Empresarios Hoteleiros Españois
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello a unha comitiva dos participantes e organizadores do Congreso de Empresarios Hoteleiros Españois, que comezará mañá no Palacio de Congresos de Santiago.