BENESTAR SOCIAL
A Asociación Galega da Síndrome X Fráxil establece a súa sede social en Santiago
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou en rolda de prensa a Asociación Galega de Síndrome X Fráxil (AGAXFRA), que vén de establecer a súa sede social en Santiago. Deste xeito, debido ao caracter autonómico da Asociación, preténdese achegar ás familias de Galicia un servizo de apoio, asesoramento, orientación e acompañamento nas diversas etapas vitais dos afectados.
EDUCACIÓN
O Premio "Ánxel Casal" convoca aos novos talentos literarios en lingua galega
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, acompañada polo director xeral de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, presentou as bases da convocatoria da XV edición do Premio Literario "Ánxel Casal", nas súas modalidades de conto, poesía e teatro. O certame, dirixido ao alumnos a partir dos 14 anos dos centros de ensino secundario de Galicia, repartirá 5.100 euros en premios.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba os prazos de renovación das concesións das hortas municipais de Belvís
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deuse o visto bo aos prazos para a renovación das concesións das hortas municipais e dos obradoiros das escolas infantís. Ademais, aprobáronse diversas contratacións no ámbito do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.
ALCALDÍA
Veteranos das Forzas Armadas e da Garda Civil peregrinan a Compostela
A praza do Obradoiro acolleu os actos de formación e honores da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas e da Garda Civil, con motivo da peregrinación que realizaron a Compostela os seus integrantes neste Ano Santo
FESTAS
As festas da Ascensión comezan co espectáculo musical de Emir Kusturica and The No Smoking Orchestra
As festas da Ascensión comezan o mércores 12 cun programa composto por máis de 50 actuacións musicais distribuídas ao longo de sete xornadas (12-18 de maio), ademais de charangas e pasarrúas, actividades tradicionais de folclore, teatro, deporte e as novas prácticas urbanas relacionadas co skate. Haberá tres escenarios ven definidos onde se desenvolverá todo o programa: Campus Sur, Alameda e zona vella.
ALCALDÍA
A Infanta Cristina entregou en Santiago as distincións do XVI Premio de Xornalismo Europeo "Salvador de Madariaga"
Os xornalistas Felipe Sahagún, Fran Sevilla e Antonio San José recibiron as distincións da XVI edición do Premio de Xornalismo Europeo "Salvador de Madariaga", nun acto celebrado no Hotel Monumento San Francisco. A Infanta Cristina presidiu a entrega dos galardóns, momentos despois de visitar a Catedral.