EDUCACIÓN E DEPORTES
Concertos, lectura e unha completa oferta de lecer en Nadalxogo 2010
O xoves, 23 de decembro inaugúrase o programa Nadalxogo 2010, unha atractiva oferta de actividades dirixidas ao público infantil e xuvenil de Compostela. Todos os días, agás o 24 e o 31 de decembro, o Multiúsos de Sar abrirá as súas portas en horario de 17:00 a 21:00 horas a un mundo de lecer con obradoiros, teatro, contacontos e deportes, no que as familias compostelás atoparán un espazo ideal onde compartir estas singulares festas.
IGUALDADE
Unha campaña chama á sensibilización sobre os dereitos sexuais e reprodutivos
A Concellería de Benestar Social e Igualdade presta o seu apoio á Campaña de Sensibilización sobre os Dereitos Sexuais e os Dereitos Reprodutivos. O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre esta cuestión a través de diversas ferramentas e espazos de participación.
BENESTAR SOCIAL
Os rapaces de Fontiñas e Conxo deron os seus primeiros pasos como xornalistas grazas ao programa de Educadores de Rúa
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, compareceu acompañada de dúas rapazas de Fontiñas e Conxo para dar a coñecer as actividades que se viñeron realizando no marco do programa de Educadores de Rúa. Entre as mesmas, destacaron o programa radiofónico dos mozos e mozas de Conxo e o xornal elaborado en Fontiñas.
TRANSPORTES
Tussa aproba un gasto de 1,65 millóns de euros para o exercicio 2011
A sociedade municipal TUSSA afronta o novo exercicio 2011 cunha previsión de ingresos de 1.792.704,32 € e unha previsión de gastos de 1.659.748,66 €.
URBANISMO
EMUVISSA cifra a súa previsión de gasto no ano 2011 en 18,83 millóns de euros
O Consello de Administración de Emuvissa aprobou as previsións de gasto para o ano 2011, cifradas en 18,83 millóns de euros, un 36,3% máis que no ano 2010.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Curtocircuíto presenta un programa de curtas para nenos no Nadal
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes organizado pola Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, presenta un programa de curtametraxes especial para nenos, Público Novo, dentro do seu programa de proxeccións que se está a prolongar ata final de ano, +Curtocircuíto.
CULTURA
O Auditorio terá un orzamento de 3.278.000 euros en 2011, un 9,4% menos que en 2010
O Consello Reitor do Auditorio de Galicia aprobou os orzamentos da entidade para 2011, que contan cun total de 3.278.000 euros, o que supón unha redución do 9,4% con respecto ás cifras deste ano, que é derivada da diminución da transferencia nominativa do Concello de Santiago nun 15%, mentres que a achega do Consorcio non se alterou en relación ao exercicio anterior.