ALCALDÍA

Bando do alcaldesa con motivo do 25 de xullo

25/07/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, publica hoxe un bando con motivo do 25 de xullo, Día do Apóstolo, un "día de reivindicación e día de reafirmación identitaria como compostelás e como composteláns, mais tamén como galegas e como galegos" no que "compartimos e festexamos o feito de estar, vivir, traballar, sentir e medrar xuntas por e para Compostela".

Ler máis

FESTAS

Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo Santiago

25/07/2024

Como cada 25 de xullo, a capital de Galicia acolleu o acto de celebración da Ofrenda ao Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2024, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e boa parte da Corporación Municipal.

Ler máis

FESTAS

O Concello de Santiago festexa o 25 de xullo coa celebración da segunda edición de Alba de Compostela

25/07/2024

Con motivo do día de Santiago, o Concello rendeu homenaxe esta tarde a catro persoas que "son motor de futuro, que son fortuna para todas nós, que son pezas fundamentais para que este concello sexa máis xusto, máis igualitario", como sinalou a alcaldesa no seu discurso. Durante a cerimonia, outorgouse a distinción Alba de Compostela á presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, ao comerciante Xaquín Mato, á catedrática en Farmacoloxía Mabel Loza, e ao presidente do Foro Galego de...

Ler máis

FESTAS

Os Fogos do Apóstolo tinguiron de luz e cor o ceo compostelán

24/07/2024

O espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 de xullo lanzouse de xeito sincronizado desde tres localizacións, deixando unha fermosa estampa nocturna no ceo compostelán. A variedade de efectos e cores dos fogos artificiais e os diferentes escenarios de fondo lograron que veciñanza e visitantes puideran gozar dun espectáculo singular desde múltiples puntos da cidade.

Ler máis

FESTAS

A sexta edición do TradFest ofrece quince propostas folk en varios escenarios da cidade

23/07/2024

O vindeiro domingo 28 xullo, dentro do programa das Festas do Apóstolo, celebrarase un ano máis o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades que se desenvovlerán no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval e na praza da Quintana. Este evento, producido por aCentral Folque e Nordesía conta co apoio do Concello de Santiago e de La Voz de Galicia.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba a nova Relación de Postos de Traballo do Concello co obxectivo de axilizar os procedementos administrativos

22/07/2024

A nova RPT aproba hoxe crea unha sección especializada na xestión do gasto con catro unidades que permitirá aos departamentos municipais liberarse das tarefas de tramitación de gasto nas que non son especialistas para favorecer a rapidez e a axilidade no Concello. Nesta mesma Xunta de Goberno concéderon 18 licenzas de obra e resolvéronse as axudas ao bonotaxi.

Ler máis
Compartir: