ALCALDÍA
A ruta cultural "As pegadas de Rosalía" xa conta cunha páxina web propia
Os concellos de Santiago, Ames, Brión e Padrón acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural "As pegadas de Rosalía". Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego,...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de mellora do campo de fútbol de Belvís
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de acondicionamento exterior do campo de fútbol de Belvís, no que se van investir case 145.000 euros. A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións de accesibilidade e os servizos deste equipamento.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello destina 600.000 euros á convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, deu conta hoxe da nova convocatoria de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o vindeiro curso escolar. Estivo acompañada de Javier Maroño (técnico de xestión) e Ana Ares (traballadora social).
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o trámite de licitación das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas
A Xunta de Goberno vén de aprobar, nunha sesión extraordinaria celebrada esta semana, o inicio do procedemento de adxudicación das obras de rehabilitación da Casa das Máquinas. A actuación suporá un investimento de máis de 250.000 euros.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este sábado dous concertos do seu alumnado no Auditorio do centro
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece mañá sábado, 25 de maio, un dobre concerto no Auditorio do centro. O primeiro, protagonizado pola orquestra de corda dos alumnos/as e profesores/as do Curso de Especialización Instrumental, comezará ás 12:00 horas. E ás 12:40 horas será a quenda dos rapaces e rapazas do Curso de Corda para Nenos/as. A entrada a estas dúas actuacións é libre ata completar o aforo.
POLÍTICAS SOCIAIS
Cesión a Abeiro e Arela de dous pisos nas Fontiñas para desenvolver programas de apoio á infancia
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, anunciou este venres a cesión de dous pisos no barrio das Fontiñas a dúas entidades sociais que traballan a prol dos dereitos dos nenos e nenas: Abeiro e Arela. Xunto a ela deron conta dos proxectos que se desenvolverán en ditos inmobles os representantes de ambas entidades, Eva Ramos e Xulio Barreiro.
CENTROS CÍVICOS
Cambio de horarios en dous dos locais participantes nos Cantos de Taberna deste venres no Ensanche
O ciclo de Cantos de Taberna chega este venres 24 de maio ao Ensanche, cun obradoiro e cun percorrido por varios locais hostaleiros. O percorrido sufriu un cambio de horarios entre dous dos locais previstos para as 21:45 e as 22:30 horas. Así o Café D.J. e a Cervexería Sole mudan a orde das súas actuacións.
MOBILIDADE
A veciñanza da cidade histórica poderá solicitar a tarxeta de residentes a partir do próximo luns, tras a entrada en vigor da nova ordenanza da ORA
A partir do luns, a veciñanza da cidade histórica poderá solicitar as tarxetas que lle permitirán estacionar na zona ORA en calidade de residentes, mesmo aquelas persoas que viven en zonas peonís ou con aparcamento restrinxido. Trátase dunha das principais novidades da modificación da ordenanza da ORA, que entrou en vigor tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.