IGUALDADE
"Vacina" contra as violencias machistas nas vésperas do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
A Concellaría de Igualdade en marcha a campaña "Compostela en negro", de cara ao 25N, para sensibilizar e denunciar a problemática das violencias machistas, que este ano se centra no colectivo empresarial e no estudantado.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba unha prórroga provisional do aluguer do local sociocultural da zona histórica
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a prórroga do aluguer do local situado na rúa de Santa Cristina que vén sendo utilizado como local sociocultural para a zona histórica. A prórroga fíxase por nove meses (do 1 ao 30 de setembro de 2020, un período transitorio mentres o Concello dispón e acondiciona para o mesmo uso o inmoble que ten previsto na praza de Salvador Parga, tal como recordou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"A cidade, o Camiño e nós", nos centros socioculturais
A veciñanza de Santiago pode achegarse aos centros socioculturais e desfrutar ata finais de xaneiro do proxecto expositivo A cidade, o Camiño e nós, sobre a identidade da cidadanía de Santiago de Compostela e a xente que a visita, organizada pola Rede Galabra da USC coa colaboración do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde coas asociacións de veciños do Pombal e Monte de Deus
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa directiva da Asociación de Veciños do Pombal e con responsables da Asociación de Veciños Monte de Deus.