IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas dúas últimas vítimas da violencia machista: unha muller asasinada en xuño en Málaga, confirmada este mércores, e unha veciña de Cornellà de Llobregat asasinada o pasado 21 de setembro en Southampton (Reino Unido).
DEPORTES
Presentada a edición 42 da Carreira Pedestre Popular
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, participou na presentación da 42ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada por El Correo Gallego, que se celebrará o domingo 27 de outubro.
TURISMO
Promoción turística do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en Reino Unido
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade arrincou a súa nova campaña de promoción internacional en Reino Unido con dúas presentacións ante axentes de viaxes, operadores turísticos e medios de comunicación de Glasgow e Manchester. Estas dúas accións, en colaboración con Madrid Destino, promocionan a oferta patrimonial, cultural e deportiva das 15 cidades españolas cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza,...
ALCALDÍA
O alcalde destaca a importancia do Camiño na construción de Europa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou este xoves no acto de apertura da Asemblea Plenaria do Consello de Conferencias Episcopais de Europa, que se celebra ata o 6 de outubro en Compostela baixo o lema "Europa, hora de espertar? Os signos da esperanza". Na súa intervención, o rexedor destacou a importancia do Camiño de Santiago na construción de Europa. Lembrou as visitas dos Papas Xoán Paulo II e Benedito XVI a Compostela e sinalou que espera que se repitan nun futuro na persoa do Papa Francisco.
ALCALDÍA
Aberto o 70º Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo (SEORL-CCC)
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou no Palacio de Congresos o 70º Congreso da Sociedade Española de Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e Pescozo (SEORL-CCC), que se celebra do 3 ao 6 de outubro.