XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os prezos das actividades de pago dos centros culturais e a achega para o financiamento da UMAD
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou a memoria de actividades dos centros socioculturais para os vindeiros meses, así como a achega que permitirá seguir financiando as actividades da UMAD. Ademais, deu o visto bo a catro subvencións directas.
TURISMO
Santiago aposta por atraer producións audiovisuais de Xapón e Corea do Sur
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, reuniuse coa responsable da Oficina Española de Turismo (OET) en Tokio, Beatriz Marco, responsable da promoción de España non só en Xapón, senón tamén en Corea do Sur, un mercado no que o Camiño de Santiago está consolidándose con forza e que, como no caso de Xapón, representa unha oportunidade importante para a cidade.
CULTURA
Catro novas propostas no Blues Nite para o último trimestre do ano
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do Blues Nite para o último trimestre do ano. En setembro, o día 20, estará na Sala Capitol a Vargas Blues Band e en outubro poderemos escoitar a Carvin Jones o día 30 tamén na Capitol. Decembro será o momento para o blues con denominación de orixe galega e chegará á cidade The amazing blues caravan, o día 6, con Dixie Town, Thee Blind Crows e Psychotic Acid Freek, Xa no Nadal, pero coa data e lugar.../em>
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Comeza o Obradoiro de creación literaria "Da memoria ao poema"
O sábado 14 de setembro comeza o obradoiro de creación literaria que organiza a Concellería de Normalización Lingüística coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega.
TURISMO
Santiago de Compostela promociónase na Estación Central de Tokio, pola que pasa cada día un millón de persoas
A Estación Central de Tokio, pola que diariamente pasa un millón de persoas e na que se atopa o Centro de Información Turística, acolle durante todo o día unha presentación de Santiago e Tanabe, dentro da estratexia de promoción conxunta de ambas cidades, unidas por ser as cidades de destino das dúas rutas de peregrinación declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo.
CULTURA
Ábrese o prazo de inscrición de novos abonados ao Programa da Real Filharmonía e do Auditorio de Galicia
Unha vez rematado o prazo para a renovación de abonos, o Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia abren agora un prazo para todos aqueles interesados en abonarse por primeira vez ao seu Programa. Poderán facelo dende o 16 ata o 25 de setembro e aqueles que o fagan nos dous primeiros días levarán de forma gratuíta a entrada para o concerto inaugural da temporada, o día 17, xa que a entrada a ese concerto, que ten un custo de 10 euros, é de agasallo para os abonados.
SEGURIDADE CIDADÁ
Luis Bello fai un chamamento á cidadanía para que alerte de calquera conduta sospeitosa en relación aos incendios forestais
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, informou en rolda de prensa sobre o incendio forestal acontecido na xornada de onte martes no lugar da Cova na parroquia de Figueiras. Lembrou que se tratou dun lume intencionado e ficho un chamamento aos veciños para que estean "alerta" ante calquera conduta sospeitosa no monte e advirtan ás autoridades.
EXPOSICIÓN
Santiago acolle por primeira vez unha exposición canina internacional
Uns 1.000 cans de 150 razas diferentes participarán o sábado 14 e o domingo 15 de setembro na Exposición Internacional Canina de Galicia. A mostra, a primeira deste tipo que se celebra na cidade, realizarase no Recinto Feiral de Amio.
CIDADE HISTÓRICA
Aprobado o prego dos traballos de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica
A Xunta de Goberno aprobou o prego de condicións da revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Unha vez sexa publicado, abrirase o prazo para que as empresas aspirantes presenten as súas propostas, entre as cales decidirá a gañadora unha comisión integrada por seis expertos. A redacción desa modificación ten un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O I Concurso de Graffitis permitirá decorar parte do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha o I Concurso de Graffitis en Entornos Socioculturais, organizado coa colaboración da Asociación de Veciños de Pontepedriña. Esta primeira edición do certame centrarase na intervención sobre pare do muro exterior do Local Sociocultural de Pontepedriña.